Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 46 Martes, 6 de marzo de 2012 Páx. 8198

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

RESOLUCIÓN do 12 de xaneiro de 2012, da Dirección Xeral de Industria, Enerxía e Minas, pola que se autoriza administrativamente unha planta de coxeración que Conservas Cerqueira, S.A. promove nas súas instalacións na rúa Tomás Alonso, 80, do concello de Vigo (Pontevedra).

Antecedentes de feito.

Primeiro. Con data do 1 de xuño de 2011, José Andrés Mencía Garrido, en nome e representación de Conservas Cerqueira, S.A., solicitou autorización administrativa para unha planta de coxeración que Conservas Cerqueira, S.A. promove nas súas instalacións na rúa Tomás Alonso, 80, do concello de Vigo (Pontevedra).

Segundo. Por acordo do 5 de setembro de 2011, da Xefatura Territorial da Consellería de Economía e Industria de Pontevedra, someteuse a información pública a dita solicitude, que se publicou con data do 6 de outubro de 2011 no Diario Oficial de Galicia n.º 192, e con data do 10 de outubro de 2011 no Boletín Oficial da provincia de Pontevedra n.º 195, sen que conste que se presentase alegación ningunha.

Terceiro. As características principais da planta de coxeración son as seguintes:

Título: planta de coxeración.

Emprazamento: rúa Tomás Alonso, n.º 80.

Concello: Vigo (Pontevedra).

Solicitante: Conservas Cerqueira, S.A.

Domicilio social: rúa Tomás Alonso, n.º 80, 36208 Vigo.

Orzamento das instalacións: 844.398,00 €.

Descrición das instalacións:

– Un grupo motor-xerador de gas natural cunha Pe de 1.000 kWe.

– Unha caldeira de recuperación de gases de potencia térmica útil de 342 kW.

– Un circuíto completo para a refrixeración de camisas e aproveitamento de auga; entre os elementos máis importantes está un intercambiador de calor de placas para refrixeración de auga de camisas e un aerorrefrixerador de circuíto de camisas e se instala un tanque de almacenamento de auga quente de 40 m3.

– Circuíto de recuperación para refrixeración de aftercooler, con torre de refrixeración aberta de circuíto de aftercooler.

– Un centro de transformación de 1.250 kVA con relación de transformación 400 V/15 kV e instalación das celas de protección e demais equipamentos eléctricos de medida.

Cuarto. Con data do 1 de decembro de 2011, a Xefatura Territorial da Consellería de Economía e Industria de Pontevedra emitiu informe favorable á solicitude presentada.

Fundamentos de dereito.

Primeiro. A Consellería de Economía e Industria é a competente para resolver este procedemento, con fundamento no Decreto 79/2009, do 19 de abril, e a súa modificación no Decreto 1/2012, do 3 de xaneiro, polo que se establece a estrutura orgánica da Xunta de Galicia, e no Decreto 13/2012, do 4 de xaneiro, polo que se fixa a estrutura orgánica dos departamentos da Xunta de Galicia, en relación co artigo 28 do Decreto 324/2009, do 14 de xuño, polo que se establece a estrutura orgánica da Consellería de Economía e Industria, que atribúe á Dirección Xeral de Industria, Enerxía e Minas a dirección, coordinación, planificación, execución, seguimento e control das competencias e funcións da consellería en materia de industria, seguranza industrial, solo industrial, metroloxía, metais preciosos, enerxía e minas.

Segundo. O artigo 28 da Lei 54/1997, do 27 de novembro, do sector eléctrico, establece que a construción, explotación, modificación substancial, a transmisión e o peche de instalacións de produción de enerxía eléctrica en réxime especial estará sometida ao réxime de autorización administrativa previa, que terá carácter regrado, e cuxo outorgamento corresponderá á Administración autonómica.

Terceiro. Na tramitación tivéronse en conta as normas de procedemento contidas no Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, no Real decreto 661/2007, do 25 de maio, polo que se regula a actividade de produción de enerxía eléctrica en réxime especial, na Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, e demais normas vixentes de aplicación.

De acordo co que antecede

RESOLVO:

Primeiro. Autorizar administrativamente a Conservas Cerqueira, S.A. unha planta de coxeración que promove nas súas instalacións na rúa Tomás Alonso, 80, do concello de Vigo (Pontevedra), segundo o anteproxecto Instalación de coxeración Conservas Cerqueira, S.A., redactado polo enxeñeiro industrial Alejandro Allegue Alvedro, colexiado n.º 871, e visado polo Colexio Oficial de Enxeñeiros Industriais de Galicia na Coruña o 29 de abril de 2011 co número CO111058.

Todo isto de acordo coas seguintes condicións:

Primeira. Conservas Cerqueira, S.A. presentará ante a Xefatura Territorial da Consellería de Economía e Industria de Pontevedra, no prazo de doce meses contados a partir do día seguinte ao da notificación da presente resolución, o proxecto de execución da planta de coxeración autorizada.

Segunda. O titular da instalación deberá notificar á Xefatura Territorial da Consellería de Economía e Industria de Pontevedra calquera modificación que afecte o anteproxecto. Para modificacións que afecten datos básicos deste, será necesaria a autorización previa da Consellería de Economía e Industria.

Terceira. Esta autorización outórgase sen prexuízo de terceiros e independentemente das autorizacións, licenzas ou permisos de competencia municipal, provincial ou outros necesarios para a realización das obras das instalacións autorizadas.

Cuarta. A Administración reserva para si o dereito de deixar sen efecto a presente autorización como consecuencia do incumprimento das condicións impostas nela, así como en calquera outra lexislación vixente que sexa de aplicación.

Contra esta resolución, que non é definitiva en vía administrativa, poderase interpoñer recurso de alzada perante o conselleiro de Economía e Industria da Xunta de Galicia, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da súa notificación, de conformidade cos artigos 114 e 115 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Santiago de Compostela, 12 de xaneiro de 2012.

Ángel Bernardo Tahoces
Director xeral de Industria, Enerxía e Minas