Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 46 Martes, 6 de marzo de 2012 Páx. 8201

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

RESOLUCIÓN do 25 de xaneiro de 2012, da Xefatura Territorial de Pontevedra, pola que se autoriza e se aproba o proxecto de execución dunha instalación eléctrica no concello de Vila de Cruces (expediente IN407A 2011/285-4).

Visto o expediente para outorgamento de autorización administrativa e aprobación do proxecto de execución das instalacións eléctricas que a continuación se describen:

Solicitante: ADIF-Administrador de Infraestruturas Ferroviarias.

Domicilio social: r/ Sor Ángela de la Cruz n.º 3-planta 8, 28020 Madrid.

Denominación: C.S. e L.M.T.S. de acometida ao C.T. do edificio técnico de control de sinalización 09 PCA río Deza do tramo Ourense-Santiago de Compostela do corredor norte-noroeste de alta velocidade.

Situación: Vila de Cruces.

Características técnicas: L.M.T. subterránea a 15 kV con condutor R.H.Z.1 de 602 metros de lonxitude, con orixe no C.S. proxectado e final no centro de transformación do edificio técnico de control de sinalización 09 PCA río Deza do tramo Ourense-Santiago de Compostela do corredor norte-noroeste de alta velocidade situado en Vila de Cruces. Centro de seccionamento en edificio prefabricado, situado nas proximidades do C.T. Outeiriño-Losón.

Cumpridos os trámites ordenados na Lei 54/1997, do 27 de novembro, do sector eléctrico, e no capítulo II, título VII do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, esta xefatura territorial resolve:

Autorizar e aprobar o proxecto de execución das ditas instalacións, cuxas características se axustarán en todas as súas partes ás que figuran nel e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación, e nos condicionados establecidos polos ministerios, organismos ou corporacións que constan no expediente.

Esta autorización outórgase sen prexuízo de terceiros e independentemente das autorizacións, licenzas ou permisos de competencia municipal, provincial ou outros necesarios para a realización das obras das instalacións autorizadas.

O prazo de posta en marcha da instalación, de acordo co artigo 131 do Real decreto 1955/2000, será de 12 meses a partir da recepción desta resolución. Para efectos da posible solicitude de prórroga, o peticionario deberá ter en conta o disposto no capítulo IV do Decreto 1775/1967, do 22 de xullo.

Contra a presente resolución poderase interpoñer recurso de alzada ante o conselleiro de Economía e Industria no prazo dun mes, contado a partir de día seguinte ao da notificación desta resolución; tamén se poderá interpoñer calquera outro recurso que considere pertinente ao seu dereito.

Pontevedra, 25 de xaneiro de 2012.

Ignacio Rial Santomé
Xefe territorial de Pontevedra