Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 46 Martes, 6 de marzo de 2012 Páx. 8203

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

RESOLUCIÓN do 1 de febreiro de 2012, da Xefatura Territorial de Lugo, pola que se somete a información pública a petición de autorización dunha instalación eléctrica no concello de Viveiro (expediente IN407A 2011/87-2, 7925 A.T.).

Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e no Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita:

Solicitante: Lucus Market, S.L.U.

Domicilio social: polígono de Piadela, s/n, 15300 Betanzos, A Coruña.

Denominación: C.T. de 400 kVA para un supermercado de alimentación e o seu anexo.

Situación: concello de Viveiro.

Características técnicas: C.S. no límite da parcela en edificio prefabricado tipo CMS de Ormazabal, no cal se instalan dúas celas de liña e unha de protección.

L.M.T.S. a 20 kV, con orixe nunha cela de protección do centro de seccionamento proxectado e final nunha cela de liña do C.T. proxectado, cunha lonxitude de 120 metros en condutor tipo R.H.Z.1-95 mm.

C.T. en edificio non prefabricado, cunha potencia de 400 kVA, no cal se instala unha cela de liña, unha de protección e unha de medida, relación de transformación 20.000/400-230V.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presentar as súas alegacións, nesta xefatura territorial, no prazo de vinte días.

Lugo, 1 de febreiro de 2012.

José Manuel Vázquez Leirado
Xefe territorial de Lugo