Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 46 Martes, 6 de marzo de 2012 Páx. 8213

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

RESOLUCIÓN do 13 de febreiro de 2012, da Xefatura Territorial da Coruña, pola que se autoriza administrativamente e se aproba o proxecto de execución dunha instalación eléctrica no concello de Cee (expediente IN407A 307/2011).

Visto o expediente para outorgamento de autorización administrativa e de aprobación do proxecto de execución da instalación que a continuación se cita:

Solicitante: Electra del Jallas, S.A.

Domicilio social: pza. da Constitución, 17, 15270 Cee (A Coruña).

Denominación: L.M.T.S., C.T. avda. Fernando Blanco.

Situación: concello de Cee.

Características técnicas:

Liña eléctrica de media tensión subterránea (L.M.T.S.) a C.T. Lino Rodríguez Madero, a 20 kV, cunha lonxitude de 0,02 km, coa orixe na L.M.T.S. POT 801 existente (expediente IN407A 2007/597), en condutor R.H.Z.1-2OL-12/20 kV 3(1×240) Al, e final na mesma liña, unha vez entre e saia do C.T. proxectado.

Liña eléctrica de media tensión subterránea (L.M.T.S.) a C.T. avda. Fernando Blanco, a 20 kV, cunha lonxitude de 0,188 km, coa orixe na L.M.T.S. POT 801 existente (expediente IN407A 2007/597), en condutor R.H.Z.1-2OL-12/20 kV 3(1×240) Al, e final na mesma liña, unha vez entre e saia do C.T. proxectado.

Centro de transformación (C.T.) non prefabricado Lino Rodríguez Madero, cunha potencia de 630 kVA, e unha relación de transformación de 20/0,40-0,23 kV.

Centro de transformación (C.T.) non prefabricado avda. Fernández Blanco, cunha potencia de 400+630 kVA, e unha relación de transformación de 20/0,40-0,23 kV, concello de Cee.

Cumpridos os trámites ordenados na Lei 54/1997, do 27 de novembro (BOE n.º 285), do sector eléctrico, e no título VII, capítulo II do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro (BOE n.º 310), polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, esta xefatura territorial resolve:

Autorizar e aprobar o proxecto de execución da dita instalación, cuxas características se axustarán en todas as súas partes ás que figuran nel e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación.

Esta autorización outórgase sen prexuízo das concesións e autorizacións que sexan necesarias, de acordo con outras disposicións que resulten aplicables e, en especial, as relativas á ordenación do territorio e ao ambiente.

A instalación executarase nun prazo non superior a un ano, contado a partir da data desta resolución.

Contra esta resolución poderase interpor recurso de alzada ante o conselleiro de Economía e Industria no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da notificación desta resolución; tamén se poderá interpor calquera outro recurso que se considere pertinente.

A Coruña, 13 de febreiro de 2012.

Por vacante (Artigo 39.3 do Decreto 324/2009, DOG n.º 117, do 17 de xuño)
Isidoro Martínez Arca
Xefe do Servizo de Administración Industrial