Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 44 Venres, 2 de marzo de 2012 Páx. 7739

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Traballo e Benestar

CÉDULA do 10 de xaneiro de 2012, da Xefatura Territorial de Lugo, pola que se dispón a publicación no Diario Oficial de Galicia da notificación de expedientes de sanción por infraccións na orde social.

Notifícase, de conformidade co establecido no artigo 59.5 e 61 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, ás empresas que a continuación se relacionan, a quen non puido facerse por correo certificado, o trámite de audiencia nos expedientes de sanción, por infraccións na orde social, (cuxas materia de seguridade e saúde), o seu enderezo, identificación, número de expediente, contía da sanción e disposición infrinxida se citan seguidamente:

Empresa: Conelec, S.A.

Domicilio: Marqués de Valladares, 34, 6.º-of. 3, 36201 Vigo.

NIF: A49005176.

N.º de expediente: 9/11.

Contía: 20.500 euros.

Disposición infrinxida: artigo 4.2.D) e 29.1 do Real decreto lexislativo 1/1995. Artigos 14.1, 2, 3 e 4 e 15.1.g) e 16.1 Lei 31/1995.

A documentación que consta no expediente é a seguinte:

– Acta de infracción n.º I272011000002028.

– Escrito da Inspección de Traballo e S.S. comunicando a remisión da acta á Fiscalía da Audiencia Provincial de Lugo.

– Escritos á empresa, á Inspección de Traballo e S. S. e á Fiscalía da Audiencia comunicando a suspensión do procedemento sancionador.

– Escrito da Fiscalía comunicando a remisión das dilixencias informativas n.º 23/2011 ao Xulgado Decano de Monforte de Lemos.

– Escrito interesando do Xulgado Decano ao xulgado ao que foron remitidas as dilixencias informativas.

– Escrito ao Xulgado de Instrución número 2 de Monforte de Lemos interesando que comunique a sentenza firme.

– Comunicación por parte do Xulgado de Instrución número 2 de Monforte de Lemos do auto de sobresemento.

– Alegacións da empresa, petición de informe á Inspección de Traballo e informe emitido por esta.

Lugo, 10 de xaneiro de 2012.

Antonio Dacal López
Xefe territorial de Lugo