Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 44 Venres, 2 de marzo de 2012 Páx. 7737

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

RESOLUCIÓN do 20 de febreiro de 2012, da Xefatura Territorial de Lugo, pola que se somete a información pública a solicitude de autorización administrativa, aprobación do proxecto de execución e a declaración de utilidade pública, en concreto, da instalación eléctrica Nova Subestación de Ludrio 400/132/20 kV no concello de Castro de Rei (expediente 016/2011 A.T.).

De acordo co exposto e para os efectos previstos na Lei 54/1997, do sector eléctrico e no título VII do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, sométese a información pública a petición de autorización administrativa, aprobación do proxecto de execución e a declaración de utilidade pública, en concreto, da seguinte instalación eléctrica:

Denominación: Nova Subestación de Ludrio 400/132/20 kV.

Solicitante: E. ON Distribución, S.L.

Domicilio social: Medio 12-Santander.

Finalidade: interconexión da rede de distribución da zona nororiental de Lugo coa rede de transporte nacional de 400 kV co fin de garantir unha mellora ás necesidades da zona en canto ao servizo e calidade.

Características técnicas principais:

– Sistema de 400 kV en parque intemperie (con dous autotransformadores AT-1 e AT-2, 400/132 kV, de 450 MVA de potencia cada un) e sistema de 132 kV (con dous transformadores T-3 e T-4, 132/20 kV, de 50 MVA de potencia cada un) así mesmo en parque intemperie, formado por equipos convencionais, e sistema 20 kV con tipoloxía de simple barra partida, situado en interior de edificio en celas compactas de illamento SF6 (doce de liña, dúas de transformador para T-3 e T-4, dúas de medida en barras, dúas de servizos auxiliares e dúas para a partición e remonte).

A declaración de utilidade pública, segundo o sinalado no artigo 54 da citada lei, levará implícita, en todo caso, a necesidade de ocupación dos bens ou de adquisición dos dereitos afectados e implicará a urxente ocupacion para os efectos do artigo 52 da Lei de expropiación forzosa.

A relación concreta e individualizada de bens e dereitos afectados que se consideran de necesaria ocupación, figuran no anexo que se insire xunto con esta resolución.

Aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presentar as súas alegacións por duplicado nesta xefatura territorial (edificio administrativo da Xunta de Galicia en Lugo, rolda da Muralla 70) referidas ás posibles limitacións á constitución da servidume de paso de liñas eléctricas (artigo 161 do Real decreto 1955/2000) e aqueloutras que estimen oportunas no prazo de vinte días hábiles contados desde o día seguinte ao da última publicación ou ao da notificación individual.

Durante este prazo poderase examinar o proxecto das instalacións nesta xefatura territorial de luns a venres entre as nove da mañá e as dúas da tarde.

Ata o mesmo momento do levantamento das actas previas, os interesados poderán facer alegacións por escrito para os únicos efectos de corrixir posibles erros que se atopen ao relacionar os bens e dereitos afectados segundo dispón o artigo 56.2 do Regulamento da Lei de expropiación forzosa.

Esta publicación realízase igualmente para os efectos do artigo 59.4 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro) cando os titulares dos predios propostos sexan descoñecidos, non se saiba o lugar de notificación, ou ben, intentada a notificación, non se puidese realizar e así dirixirlle ao Ministerio Fiscal as dilixencias que se produzan de conformidade co artigo 5 da Lei de expropiación forzosa, do 16 de decembro de 1954.

Lugo, 20 de febreiro de 2012.

José Manuel Vázquez Leirado
Xefe territorial de Lugo

ANEXO
Relación de propietarios, bens e dereitos afectados

Predio n.º

Ref. catastral

Propietario

Tipo cultivo

Afección

Pol. n.º

Parc. n.º

Nome e apelidos

Enderezo

Superficie afectada m2

1

12

119

CMVMC de Ludrio

Pte.: Bernardino López Veiga

Ludrio-Castro de Rei (Lugo)

Rústico

30.000