Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 41 Martes, 28 de febreiro de 2012 Páx. 7287

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Friol

ANUNCIO de información pública sobre ampliación de corte de vacún e fosa de xurro que se situará no Freixido-Xiá.

Josefa Pérez Raposo solicitou desta alcaldía, licenza municipal para ampliación de corte de vacún e fosa de xurro, que se situará no Freixido-Xiá. En cumprimento do disposto no artigo 8.1. do Decreto 133/2008, do 12 de xuño, polo que se regula a avaliación de incidencia ambiental, sométese a información pública por un período de vinte días hábiles, co fin de que durante este –que comezará a contarse desde o día seguinte ao da inserción do presente edicto no Boletín Oficial da provincia e no Diario Oficial de Galicia– poidan examinar o expediente, na Secretaría deste concello, as persoas que dalgún xeito se consideren afectadas polas actividades que se pretende instalar e formular por escrito as reclamacións ou observacións que xulguen oportunas.

Friol, 7 de febreiro de 2012.

(Decreto Alcaldía 13.6.2011)
José Antonio Abuín Villar
Alcalde