Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 41 Martes, 28 de febreiro de 2012 Páx. 7288

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello das Pontes de García Rodríguez

ANUNCIO de convocatoria de prazas de psicólogo/a e traballador/a social.

No Boletín Oficial da provincia da Coruña, número 58, do 25 de marzo de 2011, e no número 66, do 6 de abril (corrección de erros) publicáronse as bases xerais e no número 8, do 12 de xaneiro de 2012, as específicas para a dotación dunha praza de psicólogo/a e unha praza de traballador/a social, prazas de persoal laboral en consolidación de emprego temporal, correspondentes á oferta de emprego de 2010. O prazo de presentación de instancias para as ditas convocatorias comezará a partir do día seguinte ao de inserción de anuncio no Boletín Oficial del Estado. O que se fai público para xeral coñecemento.

As Pontes de García Rodríguez, 24 de xaneiro de 2012.

Valentín González Formoso
Alcalde