Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 41 Martes, 28 de febreiro de 2012 Páx. 7286

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Cedeira

ANUNCIO de aprobación definitiva do estudo de detalle das parcelas 23-24 do parque empresarial da Trabe.

O Pleno da Corporación, na sesión ordinaria que tivo lugar o 25 de xaneiro de 2012, adoptou o seguinte acordo:

Aprobar definitivamente o estudo de detalle, promovido por Auténtica Generación Distribuida de Castilla y León, S.L. (AGD CyL, S.L.), co obxecto de definir a ordenación de volumes correspondentes á agrupación das parcelas 23-24 do parque empresarial da Trabe (Cedeira), redactado por Lorena Pardiñas Lamas (C.O.A.G. 3012).

Este acordo supón o levantamento da suspensión de outorgamento de licenzas no ámbito regulado polo estudo de detalle.

O acto de aprobación definitiva do citado estudo de detalle foi comunicado á Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas o 7 de febreiro de 2012, en cumprimento do disposto polo artigo 92.3 da Lei 9/2002, do 30 de decembro, de ordenación urbanística e protección do medio rural de Galicia, e déuselle traslado, así mesmo, de dous exemplares do instrumento aprobado definitivamente con todos os planos e os documentos que o integran debidamente dilixenciados pola Secretaría do Concello.

Contra este acordo plenario, que pon fin á vía administrativa, poderá interpoñerse de xeito previo e potestativamente recurso de reposición no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da publicación do presente anuncio, ante o Pleno do Concello de Cedeira, de conformidade cos artigos 116 e 117 da Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, ou directamente poderá interpoñerse recurso contencioso-administrativo, ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, de conformidade cos artigos 8, 9 e 10 da Lei 29/1998, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa, no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ao da publicación do presente anuncio, de conformidade co artigo 46 da Lei da xurisdición contencioso-administrativa.

Cedeira, 7 de febreiro de 2012.

Leopoldo Rubido Ramonde
Alcalde