Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 41 Martes, 28 de febreiro de 2012 Páx. 7285

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Amoeiro

ANUNCIO de exposición pública da aprobación inicial modificación puntual n.º 1 do Plan Xeral de Ordenacion Municipal do Concello de Amoeiro.

Aprobado inicialmente polo Concello Pleno, en sesión que tivo lugar o día 27 de xaneiro de 2012, a modificación puntual n.º 1 do Plan Xeral de Ordenación Municipal do Concello de Amoeiro que ten por obxecto a incorporación do asentamento poboacional de Vendanova como núcleo rural común, e de conformidade co disposto no artigo 85.2 da Lei 9/2002, do 30 de decembro, de ordenación urbanística e protección do medio rural de Galicia, modificada pola Lei 15/2004 e pola Lei 2/2010, sométese a información pública polo prazo de dous meses, mediante anuncio que se publicará no DOG e nos xornais La Región e La Voz de Galicia, computándose o dito período desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no DOG, co fin de que se poida examinar o seu contido e presentar as alegacións ou observacións que se estimen oportunas.

Queda suspendido o outorgamento de licenzas dentro do ámbito afectado (Vendanova), a suspensión terá unha duración máxima de dous anos contados desde a devandita aprobación e en calquera caso extinguirase coa aprobación definitiva da citada modificación.

Amoeiro, 16 de febreiro de 2012.

Rafael Rodríguez Villarino
Alcalde presidente