Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 41 Martes, 28 de febreiro de 2012 Páx. 7199

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 3 da Coruña

EDICTO (817/2009).

Juan Rey Pita, secretario do social número 3 da Coruña, fago saber que no proceso seguido por instancia de Consuelo Ruiz Ríos, Francisco Pérez Sarmiento, Juan Carlos Rodríguez Fernández, María del Mar Armesto López, Sandra María Barbeito Cancelo, Beatriz López Barallobre, contra Electrodomésticos del Principado de Idea, S.L., e o Fogasa, en reclamación por ordinario, rexistrado co n.º 817/2009, foi ditada a seguinte sentenza:

Na cidade da Coruña, vinte e cinco de xaneiro de 2012.

Carlos Villarino Moure, maxistrado-xuíz do Xulgado do Social número 3 do Xulgado e localidade ou provincia da Coruña, despois de ver os presentes autos sobre ordinario entre partes, dunha e como demandante Consuelo Ruiz Ríos, Francisco Pérez Sarmiento, Juan Carlos Rodríguez Fernández, María del Mar Armesto López, Sandra María Barbeito Cancelo, Beatriz López Barallobre, coa comparecencia do letrado Fernando Campos Seijo, e doutra, como demandado, Electrodomésticos del Principado de Idea, S.L. e o Fondo de Garantia Salarial, que non comparecen a pesar de estaren citados en legal forma.

En nome do rei ditou a seguinte sentenza 58/12.

Antecedentes de feito.

Primeiro. Na data do 16.7.2009 entrou neste xulgado demanda instada pola parte demandante contra a anterior demandada e despois de expor os feitos solicita que se dite sentenza de conformidade coas súas peticións; posta a trámite, foron convocadas as partes para celebrar o xuízo que tivo lugar o día 19.1.2011. Aberto o acto, a demandante ratifica a súa demanda e, recibido o xuízo a proba, practicáronse as propostas e únese a documental aos autos; elevándose as conclusións a definitivas e quedando o xuízo por concluso e visto para sentenza.

Segundo. Na tramitación deste procedemento observáronse as prescricións legais establecidas.

Feitos probados.

Decláranse probados os seguintes feitos:

Primeiro. Os demandantes viñeron traballando por conta da demandada dedicada á actividade de comercio e con antigüidade, categoría e salarios:

Antigüidade

Categoría

Salario/mes

Deben

Sandra M.ª Barbeito Cancelo

1.8.2003

Vendedora

1.550,25

Abril 09

Maio 09

1.550,25

476,31

Francisco Sarmiento Pérez

1.2.2002

Vendedor

1.176,86

Abril 09

Maio 09

1.176,86

285,32

Consuelo Ruiz Ríos

16.9.1999

Vendedora

989,65

Abril 09

Maio 09

989,65

289,94

Juan Carlos Rodríguez F.

5.4.2005

Vendedor

973,72

Abril 09

Maio 09

973,72

285,32

M.ª del Mar Armesto López

1.10.2004

Dependenta

1.162,98

Abril 09

Maio 09

1.162,98

324,22

Beatriz López Barallobre

10.10.2006

Vendedora

968,64

Abril 09

Maio 09

986,64

280,66

Segundo. A empresa débelles a cantidade e polos conceptos que se recollen no feito segundo da demanda, que se dan por probados:

Total débito

Sandra M.ª Barbeito Cancelo

2.026,56 €

Francisco Sarmiento Pérez

1.462,18 €

Consuelo Ruiz Ríos

1.279,59 €

Juan Carlos Rodríguez F.

1.259,04 €

M.ª del Mar Armesto López

1.487,20 €

Beatriz López Barallobre

1.249,32 €

Terceiro. Celebrouse o acto conciliatorio previo sen avinza.

Fundamentos de dereito.

Primeiro. Os feitos declarados probados estano pola proba practicada e por ter o demandado por confeso en virtude da facultade recoñecida ao xulgador no artigo 91.2 da Lei de procedemento laboral.

Segundo. Probada a relación laboral, corresponde á empresa xustificar o aboamento dos salarios e demais conceptos debidos que deriven da devandita relación, polo que, sen facelo e téndoa por confesa, procede a súa condena ao solicitado na súplica da demanda, todo iso de acordo co artigo 4.2 f) e 29.3 ET.

Terceiro. En relación co Fondo de Garantía Salarial, non procede ningunha condena, polo momento, pois aínda cando a súa calidade de debedor xurdiría dalgún dos supostos do artigo 33 do ET, non é menos certo que a responsabilidade do devandito organismo exixe aínda no devandito caso a tramitación do expediente a que fai referencia o número 4 do precepto citado, polo que a condena directa ao Fondo á marxe da obrigadas actuacións administrativas non é posible.

Vistos os preceptos legais e demais de concordante aplicación, decido que, estimando a demanda formulada por Sandra María Barbeito Cancelo, Francisco Pérez Sarmiento, Consuelo Ruiz Ríos, Juan Carlos Rodríguez Fernández, María del Mar Armesto López e Beatriz López Barallobre, contra a empresa Electrodomésticos del Principado de Idea, S.L. condénoa a lle aboar as cantidades seguintes:

Sandra M.ª Barbeito Cancelo: 2.026,56 €.

Francisco Sarmiento Pérez: 1.462,18 €.

Consuelo Ruiz Ríos: 1.279,59 €.

Juan Carlos Rodríguez Fernández: 1.259,04 €.

M.ª del Mar Armesto López: 1.487,20 €.

Beatriz López Barallobre: 1.249,32 €.

Que lles debe en concepto de salarios e demais conceptos cos xuros conforme o artigo 29.3 ET. E absolvo da demanda o Fondo de Garantía Salarial (Fogasa).

Notifíquese esta sentenza ás partes e advírtaselles que contra ela poderán interpor recurso de suplicación ante o Tribunal Superior de Xustiza, que deberá ser anunciado por comparecencia ou mediante escrito neste xulgado dentro dos cinco días seguintes á notificación desta sentenza, ou por simple manifestación no momento en que se lle practique a notificación. Advírtase igualmente ao recorrente que non sexa traballador ou beneficiario do réxime público de seguranza social, ou habente-causa seu, ou non teña recoñecido o beneficio de xustiza gratuíta, que deberá depositar a cantidade de 300 euros na conta aberta no Banesto (0030.1846) a nome deste xulgado co núm. 1533.0000.65.0885.09, demostrando mediante a presentación do comprobante de ingreso no período comprendido ata a formalización do recurso, así como, no caso de ter sido condenado en sentenza ao pagamento dalgunha cantidade, consignar na conta de depósitos e consignacións a nome deste xulgado, co n.º 1533.0000.60.0885.09, a cantidade obxecto de condena, ou formalizar aval bancario pola devandita cantidade en que se faga constar a responsabilidade solidaria do avalista, incorporándoos a este xulgado co anuncio de recurso. En todo caso, o recorrente deberá designar letrado para a tramitación do recurso, no momento de anuncialo.

Así o pronuncio, mando e asino por esta miña sentenza, xulgando definitivamente.

Publicación. Lida e publicada foi a anterior sentenza polo maxistrado que a ditou estando a celebrar audiencia pública no día da data, do cal dou fe.

E para que sirva de notificación a Electrodomésticos del Principado de Idea, S.L, expídese a presente cédula para a súa publicación no Diario Oficial de Galicia e colocación no taboleiro de anuncios.

Na Coruña, 9 de febreiro de 2012.

O secretario xudicial