Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 41 Martes, 28 de febreiro de 2012 Páx. 7185

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 1 da Coruña

EDICTO (206/2011).

Eduardo José Castaño Barreiro, secretario xudicial do Xulgado do Social número 1 da Coruña, fago saber que no procedemento ordinario 206/2011 deste xulgado do social, seguidos por instancia de Hermindo Manuel Amado González contra a empresa Servicur Servicios Auxiliares, S.L., sobre ordinario, ditouse a seguinte resolución, cuxa parte dispositiva se achega:

«Decido que estimando en parte a demanda interposta por Hermindo Manuel Amado González, con DNI 79310869 S contra Servicur, Servicios Auxiliares, S.L. e UTE Langosteira, debo declarar e declaro haber lugar parcialmente a ela, condenando solidariamente as codemandadas a que lle aboen ao demandante a cantidade de 246,3 euros.

Notifíquese esta sentenza ás partes, facéndolles saber que contra esta poden interpoñer recurso de suplicación, que deberá anunciarse ante este xulgado no termo de cinco días desde a notificación desta sentenza, abondando para iso a mera manifestación da parte ou do seu avogado ou representante ao facerlle a notificación desta, do seu propósito de inicialo. Tamén poderá anunciarse por comparecencia ou por escrito das partes ou do seu avogado ou representante perante este xulgado e que será resolto, se é o caso, e cumpridos os trámites legais, pola Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia.

Así, por esta a miña sentenza, pronúncioo, mándoo e asínoo».

E para que sirva de notificación en legal forma a Servicur Servicios Auxiliares, S.L., en ignorado paradoiro, expido a presente para a súa inserción no Boletín Oficial da provincia da Coruña.

Advírtese ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de localización.

A Coruña, 9 de febreiro de 2012.

O secretario xudicial