Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 41 Martes, 28 de febreiro de 2012 Páx. 7089

III. Outras disposicións

Consellería do Medio Rural e do Mar

ORDE do 22 de febreiro de 2012 pola que se convocan eleccións e se ditan normas para a renovación dos órganos de goberno de determinados consellos reguladores do ámbito agroalimentario.

Os consellos reguladores das denominacións de orixe Monterrei, Rías Baixas, Ribeira Sacra, Ribeiro e Valdeorras e das indicacións xeográficas protexidas Pataca de Galicia e Ternera gallega, celebraron eleccións para a renovación dos seus plenos o día 1 de xullo de 2007, logo da convocatoria realizada a través da Orde do 9 de abril dese mesmo ano. Posteriormente, por medio da Orde do 14 de xullo de 2011 prorrogouse por un período máximo de un ano o mandato –inicialmente de catro anos– dos órganos de goberno destes consellos reguladores, debido a diversas circunstancias que se especificaban na dita orde e que hoxe se poden dar por superadas.

Pola súa parte, mediante a Orde do 3 de agosto de 2007 convocáronse eleccións e ditáronse as normas para a renovación dos consellos reguladores das denominacións de orixe protexidas Queso Tetilla, Arzúa-Ulloa, San Simón da Costa e Cebreiro; das indicacións xeográficas protexidas Lacón Gallego, Mel de Galicia e Pan de Cea; das denominacións xeográficas dos Augardentes e Licores Tradicionais de Galicia; e da Agricultura Ecolóxica de Galicia. As votacións e as tomas de posesión dos membros dos plenos resultantes foron durante o mes de decembro dese ano.

Despois da celebración destes dous procesos electorais, os órganos de goberno de todos os consellos reguladores antes citados traballaron na modificación dos seus regulamentos para adaptalos ao marco da Lei 2/2005, do 18 de febreiro, de promoción e defensa da calidade alimentaria galega e do Decreto 4/2007, do 18 de xaneiro, polo que se regulan as denominacións xeográficas de calidade do sector alimentario e os seus consellos reguladores, que desenvolve a dita lei. Deste xeito, desde a celebración daquel proceso electoral se teñen publicado no DOG as ordes polas que se aprobaron os novos regulamentos da maioría destas denominacións de calidade e dos seus consellos reguladores. Só quedan pendentes deste trámite as denominacións de orixe protexidas Queso Tetilla, Arzúa-Ulloa, San Simón da Costa e Cebreiro, e a indicación xeográfica protexida Lacón Gallego. Os consellos reguladores antes citados, a excepción dos que xestionan estas cinco últimas denominacións, teñen, unha vez adaptada a súa normativa ás previsións da dita Lei 2/2005, do 18 de febreiro e do seu decreto de desenvolvemento, personalidade xurídica de seu, baixo a forma de corporacións de dereito público.

Por outra parte, desde a realización dos citados procesos electorais téñense constituído seis novos consellos reguladores no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia, que xestionan as seguintes denominacións de orixe e indicacións xeográficas protexidas: Faba de Lourenzá, Castaña de Galicia, Pemento de Herbón, Grelos de Galicia, Tarta de Santiago e Pemento do Couto. Todos eles quedaron constituídos, desde o inicio da súa actividade, como corporacións de dereito público, con plena adaptación á Lei 2/2005, do 18 de febreiro. Os órganos de goberno destes consellos reguladores teñen o carácter de provisionais e o seu mandato durará ata a toma de posesión dos órganos que resulten dos procesos electorais que se deben realizar unha vez iniciada a actividade do consello regulador e logo de que todos os interesados en participar na correspondente denominación puideron tramitar a súa alta.

Por outra parte, o citado Decreto 4/2007, do 18 de xaneiro, regula no seu capítulo IV o réxime electoral dos consellos reguladores, e establece que se rexerán, nos seus aspectos básicos, polas normas comúns que figuran na súa sección primeira. Ademais, na sección segunda deste capítulo recóllense outras normas electorais complementarias, de aplicación aos consellos reguladores que non establezan normas específicas nos seus regulamentos que as substitúan.

Dado que ningún dos regulamentos dos consellos reguladores citados establece disposicións específicas no relativo ao réxime electoral –remitíndose este réxime en todos eles ao contido nas seccións primeira e segunda do dito capítulo IV do Decreto 4/2007, do 18 de xaneiro–, serán as normas recollidas neste decreto as aplicables aos procesos electorais que se convoquen para estes órganos. O citado réxime electoral establece que a duración do mandato dos vogais dos consellos reguladores será de catro anos e que compete á Consellería do Medio Rural e do Mar realizar a convocatoria electoral.

Polo tanto, cómpre realizar a convocatoria de eleccións para a renovación dos órganos de goberno dos consellos reguladores que esgotaron o tempo do seu mandato, así como daqueles que están constituídos con carácter provisional. Por outra parte, é necesario prorrogar o mandato dos cinco consellos reguladores que teñen en trámite a aprobación do seu novo regulamento para adaptar a súa normativa específica ao marco legal autonómico antes citado. Por todo o anterior, logo da audiencia dos consellos reguladores afectados e no uso das facultades que me confire o citado Decreto 4/2007, do 18 de xaneiro,

DISPOÑO:

Artigo 1. Convocatoria.

De acordo co establecido no Decreto 4/2007, do 18 de xaneiro, polo que se regulan as denominacións xeográficas de calidade do sector alimentario e os seus consellos reguladores, por esta orde convócanse eleccións para a renovación dos órganos de goberno dos consellos reguladores das denominacións de orixe Monterrei, Rías Baixas, Ribeira Sacra, Ribeiro e Valdeorras, do Consello Regulador dos Augardentes e Licores Tradicionais de Galicia, do Consello Regulador da denominación de orixe protexida Pemento de Herbón, dos consellos reguladores das indicacións xeográficas protexidas Ternera Gallega, Pataca de Galicia, Mel de Galicia, Pan de Cea, Faba de Lourenzá, Castaña de Galicia, Grelos de Galicia, Tarta de Santiago e Pemento do Couto e do Consello Regulador da Agricultura Ecolóxica de Galicia.

Artigo 2. Calendario electoral.

O calendario electoral será o que se recolle como anexo I desta orde.

Os prazos deste calendario para a presentación de escritos, reclamacións e recursos, cando están sinalados por días, entenderanse días naturais, e expirarán ás 14.00 horas do derradeiro día do prazo. O lugar de presentación será a sede do correspondente consello regulador ou a da xunta electoral, segundo quen deba coñecelos, excepto a presentación de reclamacións sobre os censos, que poderá facerse, ademais de na sede do correspondente consello regulador, nos lugares sinalados de exposición destes. Neste caso, os interesados deberán remitir ao consello regulador correspondente por fax ou correo electrónico, no mesmo día, unha copia da reclamación presentada. Para estes efectos os consellos reguladores darán publicidade, xunto cos censos, do número de fax e/ou do enderezo electrónico a que se poderá enviar a reclamación.

A sede da Xunta Electoral será a que se especifica no artigo 3 desta orde.

Artigo 3. Xunta Electoral.

1. Conforme ao disposto no artigo 41 do Decreto 4/2007, do 18 de xaneiro, constituirase unha única Xunta Electoral para as eleccións aos dezasete consellos reguladores, con sede nas dependencias da Subdirección Xeral de Réxime Xurídico Administrativo da Secretaría Xeral Técnica da Consellería do Medio Rural e do Mar, no bloque 5 (edificio dos espellos), segundo andar, do complexo administrativo de San Caetano, en Santiago de Compostela.

2. A Xunta Electoral estará presidida polo secretario xeral do Medio Rural e Montes, e terá como suplente a subdirectora xeral de Réxime Xurídico Administrativo da Consellería do Medio Rural e do Mar.

3. A Xunta Electoral estará integrada ademais por:

– Tres funcionarios/as dos grupos A ou B da Consellería do Medio Rural e do Mar ou dos seus organismos e entes dependentes.

Suplentes: tres funcionarios/as cos mesmos requisitos que os/as titulares.

– Secretario/a: un funcionario/a do grupo A, licenciado/a en dereito, da citada consellería ou dos seus organismos e entes dependentes.

Suplente: un funcionario/a cos mesmos requisitos que o/a titular.

– Tres representantes, como máximo, das organizacións profesionais agrarias de ámbito galego.

– Tres representantes, como máximo, das asociacións empresariais dos sectores industriais implicados.

– Tres representantes, como máximo, das cooperativas dos sectores implicados.

Artigo 4. Presentación de candidatos para a Xunta Electoral e designación.

1. O proceso electoral dará comezo o día 28 de febreiro. No prazo dos seis días naturais seguintes á dita data, as organizacións profesionais agrarias, asociacións empresariais e cooperativas relacionadas coa actividade das denominacións de calidade para as que se convocan eleccións poderán presentar candidatos/as a vogais da Xunta Electoral.

2. A presentación de candidaturas farase na Subdirección Xeral de Réxime Xurídico Administrativo da Consellería do Medio Rural e do Mar (bloque 5, edificio dos espellos-2.º andar, do complexo administrativo de San Caetano, en Santiago de Compostela), mediante solicitude acompañada da documentación requirida no artigo 42 do Decreto 4/2007 citado.

3. No suposto de organizacións profesionais agrarias, asociacións empresariais ou cooperativas integradas noutras de ámbito superior, aquelas unicamente poderán presentar candidaturas se estas non o fixesen.

4. O día 9 de marzo procederase á designación dos membros da Xunta Electoral. A designación de todos eles, titulares e suplentes, será realizada mediante resolución do secretario xeral do Medio Rural e Montes. Na dita designación teranse en conta a formación académica e a experiencia dos candidatos e candidatas así como, no caso das persoas representantes de organizacións profesionais agrarias, asociacións empresariais e cooperativas, o grao de implantación destas no sector da actividade da correspondente denominación de calidade.

5. Contra a dita designación poderase interpor, con data límite o 13 de marzo, recurso perante a conselleira do Medio Rural e do Mar, que resolverá como máis tarde o día 16 de marzo. O dito recurso será presentado nas dependencias da Subdirección Xeral de Réxime Xurídico Administrativo da Consellería do Medio Rural e do Mar.

Artigo 5. Censos electorais.

Os censos electorais, que deberán ser elaborados por cada consello regulador para o seu uso no proceso electoral, axustaranse ao modelo que figura no anexo II, e serán os seguintes:

a) Consello Regulador da denominación de orixe Monterrei.

• Censo A. Sector produtor: constituído polos titulares de viñedos inscritos no Rexistro de viñas do consello regulador, con excepción daqueles que sexan socios de cooperativas que sexan titulares, directa ou indirectamente, de adegas da denominación, a través das cales transformen a uva e comercialicen o viño.

• Censo B. Sector industrial: constituído polos titulares de adegas inscritas nos rexistros da denominación, con excepción das adegas cuxo titular sexa, directa ou indirectamente, unha sociedade cooperativa.

O censo B subdividirase, pola súa vez, en dous subcensos, en función da produción de viño cualificado e contraetiquetado como media nos últimos tres anos naturais (2009, 2010 e 2011). Os ditos subcensos serán:

– Subcenso B1: adegas cunha produción menor ou igual a 30.000 litros.

– Subcenso B2: adegas cunha produción maior de 30.000 litros.

Para as adegas de recente creación, se nalgún deses anos non tivesen actividade, faranse os cálculos tendo en conta só os anos en que houbo actividade.

• Censo C. Sector cooperativo: constituído polos titulares de viñedos inscritos no Rexistro de viñas do consello regulador que sexan socios dalgunha cooperativa que sexa, pola súa vez, titular, directa ou indirectamente, dalgunha adega inscrita na denominación, a través da cal transformen a uva e comercialicen o viño, así como polos titulares das ditas adegas de base cooperativa.

b) Consello Regulador da denominación de orixe Rías Baixas.

• Censo A. Sector produtor: constituído polos titulares de viñedos inscritos no Rexistro de viñas do consello regulador, con excepción daqueles que sexan socios de cooperativas que sexan titulares, directa ou indirectamente, de adegas da denominación, a través das cales transformen a uva e comercialicen o viño. Pola súa vez, este censo dividirase en dous subcensos en función do tamaño das explotacións vitícolas:

– Subcenso A1: no cal se incluirán os titulares de explotacións con superficie igual ou menor de 2 ha.

– Subcenso A2: formado polos titulares de explotacións vitícolas con superficie superior a 2 ha.

Pola súa vez, os vogais de cada un destes subcensos repartiranse por subzonas de produción de acordo co que se recolle no anexo III.

• Censo B. Sector industrial: constituído polos titulares de adegas inscritas nos rexistros da denominación, con excepción das adegas cuxo titular sexa, directa ou indirectamente, unha sociedade cooperativa. Este censo subdividirase, pola súa vez, en función da produción cualificada nos tres últimos anos segundo os criterios establecidos para o caso da denominación de orixe Monterrei, de acordo cos seguintes límites:

– Subcenso B1: adegas cunha produción menor ou igual a 60.000 litros.

– Subcenso B2: adegas cunha produción maior de 60.000 litros. Pola súa vez, este subcenso dividirase en función das subzonas de elaboración de acordo co que se recolle no anexo III.

• Censo C. Sector cooperativo: constituído polos titulares de viñedos inscritos no Rexistro de viñas do consello regulador que sexan socios dalgunha cooperativa que sexa, pola súa vez, titular, directa ou indirectamente, dalgunha adega inscrita na denominación, a través da cal transformen a uva e comercialicen o viño, así como polos titulares das ditas adegas de base cooperativa.

c) Consello Regulador da denominación de orixe Ribeira Sacra.

• Censo A. Sector produtor: constituído polos titulares de viñedos inscritos no Rexistro de viñas. Este censo, pola súa vez, dividirase en función da produción de uva entregada ás adegas da denominación de orixe nos últimos tres anos (2009, 2010 e 2011) do seguinte xeito:

– Subcenso A1: viticultores que están de alta no consello regulador pero non comercializaron uva ás adegas da denominación nos anos de referencia.

– Subcenso A2: viticultores que entregaron uva a adegas da denominación nalgún dos anos de referencia e que non están incluídos no censo A3.

– Subcenso A3: agrupará os viticultores que teñan máis superficie de viñedo inscrita no Rexistro de viñas do consello regulador ata acumular 400 ha.

• Censo B. Sector industrial: constituído polos titulares de adegas inscritas nos rexistros do consello regulador. Este censo subdividirase en tres subcensos en función dos quilos de uva vinificados nos últimos tres anos, calculada a media como nos casos anteriores e de acordo cos seguintes valores:

– Subcenso B1: adegas que vinificaron menos quilos e ás cales, polo tanto, non lles corresponde estar nos subcensos B2 nin B3.

– Subcenso B2: adegas que vinificaron menos uva que as do subcenso B3 e que acumulan ata o 14% da uva procesada da denominación de orixe.

– Subcenso B3: agrupa o conxunto de adegas que no período de referencia vinificaron máis quilos de uva, ata acumular o 65% da uva vinificada da denominación de orixe.

d) Consello Regulador da denominación de orixe Ribeiro.

• Censo A. Sector produtor: constituído polos titulares de viñedos inscritos no Rexistro de viñas do consello regulador, coas excepcións daqueles que sexan socios de cooperativas que sexan titulares, directa ou indirectamente, de adegas da denominación, a través das cales transformen a uva e comercialicen o viño, así como daqueles viticultores que, por teren adega de colleiteiro, estean no censo D.

• Censo B. Sector industrial: constituído polos titulares de adegas inscritas nos rexistros da denominación, con excepción das adegas cuxo titular sexa, directa ou indirectamente, unha sociedade cooperativa e das adegas de colleiteiro. Este censo dividirase en función da produción media dos últimos tres anos, de acordo cos criterios antes establecidos, do seguinte xeito:

– Subcenso B1: adegas cunha produción menor ou igual de 400.000 litros.

– Subcenso B2: adegas cunha produción maior de 400.000 litros.

• Censo C. Sector cooperativo: constituído polos titulares de viñedos inscritos no Rexistro de viñas do consello regulador que sexan socios dalgunha cooperativa que sexa, pola súa vez, titular, directa ou indirectamente, dalgunha adega inscrita na denominación, a través da cal transformen a uva e comercialicen o viño, así como polos titulares das ditas adegas de base cooperativa.

• Censo D. Sector colleiteiro: constituído polos titulares de adegas de colleiteiro, segundo o establecido no artigo 17.1 do regulamento desta denominación de orixe e do seu Consello Regulador. Os inscritos neste censo non poderán estar inscritos en ningún outro censo.

e) Consello Regulador da denominación de orixe Valdeorras.

• Censo A. Sector produtor: constituído polos titulares de viñedos inscritos no Rexistro de viñas do consello regulador, con excepción daqueles que sexan socios de cooperativas que sexan titulares, directa ou indirectamente, de adegas da denominación, a través das cales transformen a uva e comercialicen o viño.

• Censo B. Sector industrial: constituído polos titulares de adegas inscritas nos rexistros da denominación, con excepción das adegas cuxo titular sexa, directa ou indirectamente, unha sociedade cooperativa. Este censo subdividirase do seguinte xeito:

-Subcenso B1: adegas ás cales non lles corresponde estar no subcenso B2.

-Subcenso B2: adegas que cualificasen no período de referencia (anos 2009, 2010 e 2011) máis de dúas terceiras partes da produción total das variedades preferentes.

• Censo C. Sector cooperativo: constituído polos titulares de viñedos inscritos no Rexistro de viñas do consello regulador que sexan socios dalgunha cooperativa que sexa, pola súa vez, titular, directa ou indirectamente, dalgunha adega inscrita na denominación, a través da cal transformen a uva e comercialicen o viño, así como polos titulares das ditas adegas de base cooperativa.

f) Consello Regulador das indicacións xeográficas dos augardentes e licores tradicionais de Galicia.

• Censo A: formado polos titulares de instalacións inscritas como produtoras de subprodutos de vinificación.

• Censo B: formado polos titulares de instalacións de destilado.

• Censo C: constituído polos titulares de locais de elaboración e embotellado.

g) Consello Regulador da denominación de orixe protexida Pemento de Herbón.

• Censo A. Sector produtor: constituído polos titulares de explotacións inscritas no Rexistro de produtores e plantacións.

• Censo B. Sector industrial: constituído polos titulares de instalacións inscritas no Rexistro de almacéns e plantas envasadoras.

h) Consello Regulador da indicación xeográfica protexida Ternera Gallega.

– Sector produtor:

• Censo A: constituído polos titulares de explotacións gandeiras inscritos no Rexistro de gandarías do consello regulador.

• Censo B: constituído polos titulares de cebadeiros inscritos no Rexistro de cebadeiros do consello regulador.

– Sector industrial:

• Censo C: constituído polos titulares de industrias cárnicas inscritas no Rexistro de matadoiros do consello regulador. Dividirase en dous subcensos, segundo o número de canais certificadas no ano 2011:

– Subcenso C1: matadoiros con ata 2.000 canais certificadas.

– Subcenso C2: matadoiros cunha cantidade de canais certificadas superior a 2.000.

• Censo D: constituído polos titulares de industrias cárnicas inscritas no Rexistro de salas de despezamento do consello regulador.

• Censo E: constituído polos titulares de establecementos inscritos no Rexistro de maioristas e retallistas de carne do consello regulador.

i) Consello Regulador da indicación xeográfica protexida Pataca de Galicia.

• Censo A. Sector produtor: configurado cos titulares de parcelas de cultivo inscritas no Rexistro de plantacións. Este censo divídese en tres subcensos, un por cada unha das subzonas en que se divide o territorio da indicación xeográfica, con excepción da subzona Lemos, cuxos inscritos se incluirán no subcenso da subzona Terra Chá-A Mariña.

• Censo B. Sector industrial: formado polos titulares de instalacións de almacenaxe e envasado inscritas nos rexistros do consello regulador. Este censo divídese en tres subcensos, do mesmo xeito que no censo A.

j) Consello regulador da indicación xeográfica protexida Mel de Galicia.

• Censo A. Sector produtor: constituído polos titulares de instalacións inscritas no Rexistro de explotacións do consello regulador, excepto aqueles que se inclúan no censo C.

• Censo B. Sector industrial: constituído polos titulares de instalacións inscritas no Rexistro de instalacións de extracción, almacenamento e/ou envasado do consello regulador, excepto aquelas que se inclúan no censo C.

Este censo subdivídese en dous subcensos, en función da produción de mel certificado e contraetiquetado como media nos tres últimos anos naturais (2009, 2010 e 2011). Para as instalacións de recente creación, se nalgún deses anos non tivesen actividade, faranse os cálculos tendo en conta só os anos en que houbo actividade. Estes subcensos son:

– Subcenso B1 : instalacións cunha produción menor ou igual a 50.000 kg anuais.

– Subcenso B2 : instalacións cunha produción maior de 50.000 kg anuais.

• Censo C. Sector cooperativo: constituído polos titulares de explotacións inscritas no Rexistro de explotacións do consello regulador que sexan socios dalgunha cooperativa que sexa, pola súa vez, titular, directa ou indirectamente, dalgunha instalación inscrita na denominación, a través da cal envasen e comercialicen maioritariamente o mel producido, así como polos titulares das ditas instalacións de base cooperativa.

k) Consello Regulador da indicación xeográfica protexida Pan de Cea.

• Censo único: constituído polos titulares de fornos elaboradores inscritos no Rexistro do consello regulador.

l) Consello Regulador da indicación xeográfica protexida Faba de Lourenzá.

• Censo A. Sector produtor: constituído polos titulares de explotacións inscritas no Rexistro de plantacións.

• Censo B. Sector industrial: constituído polos titulares de instalacións inscritas no Rexistro de almacéns e plantas de envasamento.

m) Consello Regulador da indicación xeográfica protexida Castaña de Galicia.

– Sector produtor:

• Censo A: constituído polos titulares de explotacións inscritas no Rexistro de produtores e plantacións.

– Sector industrial:

• Censo B: constituído polos titulares de instalacións inscritas no Rexistro de operadores-comercializadores e almacenistas en fresco.

• Censo C: constituído polos titulares de instalacións inscritas no Rexistro de instalacións de procesamento.

n) Consello Regulador da indicación xeográfica protexida Grelos de Galicia.

• Censo A. Sector produtor: constituído polos titulares de explotacións inscritas no Rexistro de produtores e plantacións.

• Censo B. Sector comercializador en fresco: constituído polos titulares de instalacións inscritas no Rexistro de operadores-comercializadores e almacenistas en fresco.

• Censo C. Sector industrial: constituído polos titulares de instalacións inscritas no Rexistro de instalacións de procesamento.

ñ) Consello Regulador da indicación xeográfica protexida Tarta de Santiago.

• Censo único: constituído polos titulares de obradoiros inscritos no Rexistro do consello regulador.

o) Consello Regulador da indicación xeográfica protexida Pemento do Couto.

• Censo único: constituído polos titulares de explotacións inscritas no Rexistro de produtores e plantacións e polos titulares de instalacións inscritas no Rexistro de almacéns e plantas envasadoras.

p) Consello Regulador da Agricultura Ecolóxica de Galicia.

– Sector produtor:

• Censo A: constituído polos titulares de explotacións agrícolas inscritas no Rexistro de empresas agrarias de produción vexetal.

• Censo B: conformado cos titulares de explotacións gandeiras inscritas no Rexistro de empresas agrarias de produción animal.

– Sector industrial:

• Censo C: constituído polos inscritos no Rexistro de operadores titulares de industrias elaboradoras e/ou envasadoras.

Este censo divídese en tres subcensos, en función do volume de negocio anual declarado como media nos tres últimos anos naturais (2009, 2010 e 2011) perante o consello regulador. Para as industrias de recente creación, se non tivesen actividade nalgún dos anos de referencia, calcularase o valor tendo en conta só o ano ou os anos de actividade. Os subcensos son os seguintes:

– Subcenso C1: industrias cunha facturación anual de produtos controlados polo Craega igual ou inferior a 50.000 € anuais.

– Subcenso C2: Industrias cunha facturación declarada igual ou inferior a 300.000 € anuais e superior a 50.000 €.

– Subcenso C3: Industrias cunha facturación declarada superior a 300.000 €.

– Sector comercializador:

• Censo D: constituído polos inscritos no Rexistro de operadores titulares de empresas importadoras e/ou comercializadoras.

Artigo 6. Normas para a confección dos censos.

1. A data límite para pechar a confección do censo será a de publicación desta orde de convocatoria, polo que os inscritos con posteridade á dita data non se incluirán nos censos.

2. Nos censos descritos no artigo 5 anterior figurarán exclusivamente os titulares inscritos e con actividade nos rexistros correspondentes do consello regulador. De acordo con isto, con carácter xeral incluiranse exclusivamente os titulares que tivesen actividade nalgunha das tres últimas campañas.

Porén, no caso da IXP Ternera Gallega, nos censos do sector produtor incluiranse os titulares que tivesen algunha actividade desde o 1 de xaneiro de 2010 ata o 31 de decembro de 2011, e nos censos do sector industrial, os que tivesen algunha actividade desde o 1 de xaneiro de 2011 ata o 31 de decembro de 2011 e, no caso dos censos C e D, que na data de peche do censo teñan en vigor o certificado de conformidade de acordo coa norma EN 45011 para o alcance correspondente.

No caso dos inscritos no Consello Regulador da Agricultura Ecolóxica de Galicia, nos censos figurarán aqueles operadores que teñan o certificado de conformidade de acordo coa norma EN 45011 en vigor na data de peche do censo. Ademais, os inscritos con alta anterior ao 1 de xaneiro de 2012 deberán ter actividade durante o ano 2011, mentres que os inscritos con alta posterior a esa data poderán figurar nos censos aínda que non tivesen actividade. Con carácter xeral entenderase que tiveron actividade os produtores e industrias que demostren facturación de produtos ecolóxicos ou, no caso de comercializadores ou de industrias que traballen a maquía ou exerzan de intermediarios, que demostren ter fluxo de produto ecolóxico.

Nas denominacións que teñan establecidas cotas periódicas para o mantemento da inscrición, poderase considerar que tiveron actividade aqueles operadores que, aínda que non producisen ou elaborasen produtos para amparar ou amparados pola denominación, teñan pagadas as cotas correspondentes.

3. Como excepción ao previsto con carácter xeral para todos os consellos reguladores no punto 2 anterior, e sen prexuízo do indicado nel para os casos particulares do Consello Regulador da indicación xeográfica protexida Ternera Gallega e do Consello Regulador da Agricultura Ecolóxica de Galicia, poderán figurar no censo:

– En xeral, os inscritos que, por seren de recente alta, non tivesen aínda actividade.

– No caso das denominacións de orixe vitivinícolas, os viticultores que non entregasen uva en ningunha das tres últimas campañas debido a ter sometido as súas plantacións a procesos de reconversión e reestruturación.

– No caso dos inscritos nos rexistros de produtores dos subsectores agrícola e gandeiro do Consello Regulador da Agricultura Ecolóxica de Galicia que, por encontrarse as súas explotacións no período de conversión indicado polo consello regulador, aínda non puidesen ter actividade económica dentro da denominación. Incluiranse neste suposto aquelas explotacións que finalizasen o período de conversión despois do 1 de xullo de 2011.

4. Dentro do sector produtor vitícola, unha mesma persoa física ou xurídica só poderá figurar nun censo ou subcenso. No caso de que un titular teña a súa explotación en parte adherida á cooperativa e en parte non, ou que unha parte estea nunha subzona e outra parte noutra, deberá figurar no censo ou subcenso en que teña a maior parte da superficie inscrita.

Artigo 7. Exposición de censos.

1. Cada consello regulador, unha vez elaborados os censos, expoñeraos na súa sede e remitiraos aos lugares seguintes, para a súa exposición:

– Á sede dos servizos centrais da Consellería do Medio Rural e do Mar, onde se exporán a totalidade dos censos.

– Ás xefaturas territoriais da Consellería do Medio Rural e do Mar, onde se exporán, cando menos, os censos correspondentes aos inscritos na provincia.

– Ás oficinas agrarias comarcais, onde se exporán, cando menos, os censos correspondentes aos inscritos do seu ámbito xeográfico.

2. Os censos serán expostos nos lugares sinalados no punto 1 anterior entre os días 22 de marzo e 2 de abril (ambos os dous inclusive), de acordo co calendario electoral do anexo I.

3. Durante o citado período de exposición os interesados poderán formular reclamacións ante o correspondente consello regulador, quen deberá resolvelos con data límite o día 12 de abril.

4. Contra esas resolucións os interesados, con data límite o 18 de abril, poderán formular recurso ante a Xunta Electoral, a cal resolverá como máis tarde o día 23 de abril.

5. Unha vez resoltas as reclamacións e os recursos presentados, procederase á exposición dos censos definitivos nos mesmos lugares que no caso dos provisionais, de acordo co establecido no calendario electoral do anexo I.

Artigo 8. Candidaturas.

1. A partir do día seguinte ao da resolución das reclamacións sobre os censos, e ata o 25 de abril, poderán presentarse candidaturas ante o consello regulador, de acordo cos artigos 49 e 50 do Decreto 4/2007, do 18 de xaneiro.

2. O día 2 de maio, cada consello regulador realizará a proclamación provisional de candidaturas e a súa exposición pública na súa sede e comunicación á Xunta Electoral.

3. No caso de que non se proclamase algunha candidatura, no prazo dos dous días naturais seguintes poderán presentarse reclamacións ou a documentación complementaria precisa ante o consello regulador, que resolverá nos cinco días naturais seguintes.

4. Contra estas resolucións poderá interporse recurso perante a Xunta Electoral no prazo de dous días naturais. A Xunta Electoral resolverá nos cinco días naturais seguintes e procederá á proclamación definitiva dos candidatos.

5. Unha vez proclamadas as candidaturas pola Xunta Electoral, se a totalidade das correspondentes a un censo ou subcenso chegan a un acordo na repartición das vogalías, darase por concluído o proceso electoral para ese censo ou subcenso, e os candidatos propostos serán proclamados vogais pola Xunta Electoral. O dito acordo deberá ser presentado perante a Xunta Electoral como máis tarde o 21 de maio, e estará subscrito polos representantes de cada candidatura.

Artigo 9. Vogais que se elixirán.

1. O número de vogais que se elixirán por cada censo e subcenso de cada consello regulador é o que figura no anexo III desta orde.

2. A distribución efectúase tendo en conta o establecido nos regulamentos dos consellos reguladores convocados a eleccións e atendendo ás propostas dos respectivos plenos e a criterios de representatividade económica e social, de conformidade co establecido no Decreto 4/2007, do 18 de xaneiro.

Artigo 10. Designación dos membros das mesas electorais.

1. Unha vez realizada a proclamación provisional de candidatos, os consellos reguladores iniciarán o sorteo para a designación dos compoñentes das mesas electorais, tanto titulares como suplentes, e procederán seguidamente á súa notificación aos interesados.

2. Estes disporán dun prazo de cinco días naturais para alegar ante o consello regulador os posibles motivos que consideren que lles impiden aceptar o cargo.

3. Os consellos reguladores resolverán sen ulterior recurso sobre as alegacións presentadas e, de resultar necesario, realizarán novos sorteos para cubrir as vacantes daqueles a quen se aceptaron as escusas.

Artigo 11. Credenciais de interventores e apoderados.

De conformidade co establecido nos artigos 54 e 55 do Decreto 4/2007, ata o terceiro día anterior ao da votación, o representante de cada candidatura poderá solicitar ante o consello regulador as credenciais de nomeamento de interventores e apoderados, utilizando para iso os modelos que figuran nos anexos IV e V respectivamente.

Artigo 12. Voto por correo.

1. De acordo co establecido no artigo 53 do Decreto 4/2007, do 18 de xaneiro, os electores poderán emitir o seu voto por correo mediante solicitude cursada perante a secretaría do consello regulador. A dita solicitude poderá realizarse a partir da data de exposición de censos definitivos e ata o décimo día anterior á data das eleccións.

2. Para o caso das eleccións no censo de produtores (censo A) dos consellos reguladores das indicacións xeográficas protexidas Castaña de Galicia e Grelos de Galicia aplicarase o procedemento especial de voto por correo que recolle o artigo 62 do Decreto 4/2007, do 18 de xaneiro. Para iso, a Xunta Electoral, como máis tarde o 23 de maio, remitirá aos electores deses censos a documentación recollida no número 2 do dito artigo.

Artigo 13. Votación, escrutinio, proclamación de vogais electos e constitución dos plenos.

1. O presidente e os vogais de cada mesa electoral reuniranse ás 9.00 horas do día 3 de xuño de 2012 no local designado para a votación. Durante a primeira media hora recibirán as credenciais dos interventores que se presenten, comparándoas coa copia que consta en poder da mesa, dándolle, de ser o caso, posesión do cargo.

2. Ás 9.30 horas o presidente estenderá a acta de constitución da mesa, que firmará xunto cos vogais, ademais dos interventores, se os houbese, comezando ás 10.00 horas a votación, que continuará sen interrupción ata as 17.00 horas.

3. Rematada a votación, o presidente da mesa declarará cerrada esta e comezará o escrutinio, procedendo a realizarse todas as operacións sinaladas no artigo 58 do Decreto 4/2007, do 18 de xaneiro.

4. Segundo o establecido no artigo 59 do Decreto 4/2007, do 18 de xaneiro, cada mesa procederá á elaboración da documentación electoral, que será remitida á Xunta Electoral e ao Consello Regulador correspondente no prazo das 24 horas seguintes.

5. No segundo día posterior ao da votación, a Xunta Electoral procederá á proclamación dos vogais electos. Para a asignación de vogalías, de acordo co establecido no citado decreto, aplicarase o sistema proporcional directo. Como anexo VI xúntase unha explicación da repartición de vogalías segundo este sistema, cun exemplo práctico.

6. Contra esa proclamación os interesados poderán presentar recurso no prazo de tres días naturais ante a conselleira do Medio Rural e do Mar, a cal os resolverá no prazo de cinco días naturais. A presentación do recurso deberá ser comunicada á Xunta Electoral dentro dese prazo, presentando copia del na súa sede.

7. Entre os días 11 e 22 de xuño constituiranse os plenos dos consellos reguladores, nos cales tomarán posesión os vogais electos e se proporán os candidatos á presidencia e vicepresidencia ou vicepresidencias.

Disposición adicional única. Prórroga do mandato dos órganos de goberno de determinados consellos reguladores.

Prorrógase o mandato dos órganos de goberno dos consellos reguladores das denominacións de orixe Queso Tetilla, Arzúa-Ulloa, San Simón da Costa e Cebreiro e da indicación xeográfica protexida Lacón Gallego. A dita prórroga estenderase ata o día da toma de posesión dos novos vogais elixidos logo da convocatoria electoral correspondente e terá, en todo caso, unha duración máxima dun ano.

Disposición derradeira primeira. Facultade de desenvolvemento.

Facúltase o secretario xeral de Medio Rural e Montes para ditar cantas instrucións sexan precisas para a execución desta orde.

Disposición derradeira segunda. Entrada en vigor.

A presente orde entrará en vigor o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 22 de febreiro de 2012.

Rosa M. Quintana Carballo
Conselleira do Medio Rural e do Mar

ANEXO I
Calendario electoral

Día (*)

Fase do proceso electoral

28.2.2012

Ma

Data do comezo do proceso electoral.

5.3.2012

Lu

Fin do prazo de presentación de candidatos á Xunta Electoral.

9.3.2012

Ve

Designación dos membros da Xunta Electoral.

13.3.2012

Ma

Fin do prazo de presentación de recursos ante a conselleira do Medio Rural e do Mar contra a designación dos membros da Xunta Electoral.

16.3.2012

Ve

Resolución pola conselleira do Medio Rural e do Mar dos recursos presentados contra a designación dos membros da Xunta Electoral.

20.3.2012

Ma

Constitución da Xunta Electoral. Aprobación dos censos provisionais polos plenos dos consellos reguladores.

22.3.2012

Xo

Inicio da exposición dos censos provisionais e do prazo para reclamacións sobre estes.

2.4.2012

Lu

Último día de prazo para a presentación de reclamacións sobre os censos perante os consellos reguladores correspondentes.

12.4.2012

Xo

Data límite para a resolución das reclamacións sobre os censos polos plenos dos consellos reguladores.

13.4.2012

Ve

Inicio do prazo de presentación de candidaturas.

18.4.2012

Me

Fin do prazo de presentación de recursos sobre os censos ante a Xunta Electoral.

23.4.2012

Lu

Data límite para a resolución dos recursos sobre os censos pola Xunta Electoral.

25.4.2012

Me

Exposición dos censos definitivos.

25.4.2012

Me

Fin do prazo de presentación de candidaturas ante os consellos reguladores.

2.5.2012

Me

Proclamación provisional de candidaturas polos plenos dos consellos reguladores e exposición pública. Primeiro sorteo para a designación dos membros das mesas.

4.5.2012

Ve

Fin do prazo de presentación de reclamacións sobre a proclamación de candidatos ante os consellos reguladores.

9.5.2012

Me

Data límite para a resolución das reclamacións polos plenos dos consellos reguladores.

11.5.2012

Ve

Fin do prazo de presentación de recursos sobre a proclamación de candidatos ante a Xunta Electoral.

16.5.2012

Me

Data límite para a resolución dos recursos anteriores pola Xunta Electoral e proclamación definitiva dos candidatos.

21.5.2012

Me

Fin do prazo de presentación dos acordos electorais polas candidaturas.

22.5.2012

Ma

Comezo da campaña electoral.

1.6.2012

Ve

Fin da campaña electoral.

3.6.2012

Do

Constitución das mesas electorais e votación.

5.6.2012

Ma

Proclamación de vogais electos pola Xunta Electoral.

8.6.2012

Ve

Fin do prazo de presentación de recursos sobre a proclamación de vogais electos.

13.6.2012

Me

Data límite para a resolución dos recursos sobre a proclamación de vogais electos.

11.6.2012

a 22.6.2012

Lu

Ve

Toma de posesión dos vogais electos. Pleno constitutivo e proposta de persoas candidatas para ocupar a presidencia e vicepresidencia ou vicepresidencias.

(*) Nas fases que comprenden varios días, refírese ao último día do prazo, que rematará ás 14.00 h dese día para os efectos de presentación de escritos, reclamacións, recursos e outra documentación.

ANEXO II
Modelo de impreso para presentación dos censos

Consello Regulador                                        eleccións 2012

Censo ................................................ Folla n.º ...............

Subcenso ....................

Número

Apelidos e nome ou razón social

DNI/NIF

Enderezo

Sección

electoral

Observacións

Rúa
ou lugar

Parroquia

Concello

O/a secretario/a do Consello Regulador de .......................................

Conforme

O/a presidente/a

ANEXO III
Composición do Consello Regulador

Número de vogais.

Sector produtor

Censo A

Sector industrial

Censo B

Sector cooperativo

Censo C

B1

≤ 30.000 l

B2

> 30.000 l

Denominación de orixe

Monterrei

3

1

2

1

Sector produtor

Censo A

Sector industrial

Censo B

Sector cooperativo

Censo C

A1

≤ 2 ha

A2

> 2 ha

B1

≤ 60.000 l

B2

> 60.000 l

Denominación de orixe

Rías Baixas

5*

4**

2

7***

4

* Estes 5 vogais serán elixidos do seguinte xeito: 3 polos viticultores das subzonas do Salnés e Ribeira do Ulla, 1 polos das subzonas do Condado e Soutomaior e 1 polos da subzona do Rosal.

** Estes 4 vogais serán elixidos do seguinte xeito: 2 polos viticultores do Salnés e Ribeira do Ulla, 1 polos das subzonas do Condado e Soutomaior e 1 polos da subzona do Rosal.

*** Estes 7 vogais serán elixidos do seguinte xeito: 3 polas adegas das subzonas do Salnés e Ribeira do Ulla, 2 polas das subzonas do Condado e Soutomaior e 2 polas da subzona do Rosal.

Sector produtor

Censo A

Sector industrial

Censo B

A1

Non comerc.

A2

Menor sup.

A3

Maior
sup.

B1

Adegas menores

B2

Adegas intermedias

B3

Adegas maiores

Denominación de orixe

Ribeira Sacra

1

3

2

2

1

3

Sector produtor

Censo A

Sector industrial

Censo B

Sector cooperativo

Censo C

Sector colleiteiro

Censo D

B1

≤ 400.000 l

B2

> 400.000 l

Denominación de orixe

Ribeiro

3

1

2

3

1

Sector produtor

Censo A

Sector industrial

Censo B

Sector cooperativo

Censo C

B1

Resto adegas

B2

Adegas maior volume variedades pref.

Denominación de orixe

Valdeorras

3

1

2

3

Produtores
subprodutos vinificación

Censo A

Instalacións de destilado

Censo B

Instalacións de elaboración e embotellado

Censo C

Indicacións xeográficas dos

augardentes e licores tradicionais de Galicia

2

3

5

Sector produtor

Censo A

Sector industrial

Censo B

Denominación de orixe

protexida Pemento de Herbón

3

3

Sector produtor

Sector industrial

Censo A

Gandarías

Censo B

Cebadeiros

Censo C

Matadoiros

Censo D

Salas de despezamento

Censo E

Maioristas e retallistas

C1

≤ 2.000

C2

> 2.000

Indicación xeográfica

protexida Ternera Gallega

4

3

1

3

2

1

Sector produtor

Censo A

Sector industrial

Censo B

Indicación xeográfica

protexida Pataca de Galicia

6

6

Bergantiños

Terra Chá

A Mariña

e Lemos

A Limia

Bergantiños

Terra Chá

A Mariña

e Lemos

A Limia

1

2

3

1

2

3

Sector produtor

Censo A

Sector industrial

Censo B

Sector cooperativo Censo C

B1

≤ 50.000 kg

B2

> 50.000 kg

Indicación xeográfica protexida

Mel de Galicia

3

1

2

3

Elaboradores

Censo único

Indicación xeográfica protexida

Pan de Cea

4

Sector produtor

Censo A

Sector industrial

Censo B

Indicación xeográfica protexida Faba de Lourenzá

3

3

Produtores

Censo A

Comercializadores en fresco

Censo B

Instalacións de procesamento

Censo C

Indicación xeográfica protexida Castaña de Galicia

6

3

3

Produtores

Censo A

Comercializadores en fresco

Censo B

Instalacións de procesamento

Censo C

Indicación xeográfica protexida

Grelos de Galicia

3

3

3

Elaboradores

Censo único

Indicación xeográfica protexida

Tarta de Santiago

5

Sectores produtor e industrial

Censo único

Indicación xeográfica

protexida Pemento do Couto

5

Sector produtor

Sector industrial

Sector comercializador

Expl. agrícolas

Censo A

Expl.

gandeiras

Censo B

< 50.000 €
Censo C1

50.000 € a 300.000

Censo C2

> 300.000

Censo C3

Censo D

Agricultura ecolóxica de Galicia

3

3

1

2

3

1

ANEXO IV
Eleccións ao Consello Regulador

..............................................................................2012

ASUNTO: CREDENCIAL DE NOMEAMENTO DE INTERVENTOR/A

DATA

DATOS DA PERSOA PROPOSTA

PRIMEIRO APELIDO

SEGUNDO APELIDO

NOME

DNI

ENDEREZO

CP

CONCELLO

DATOS DO REPRESENTANTE

PRIMEIRO APELIDO

SEGUNDO APELIDO

NOME

DNI

ENDEREZO

CP

CONCELLO

REPRESENTANTE DA CANDIDATURA PRESENTADA POR ....................................................................................................................................................................................................................

Conforme o disposto no artigo 54 do Decreto 4/2007, nomea interventor/a á persoa enriba indicada.

O/a representante

ANEXO V
Eleccións ao Consello Regulador

..............................................................................2012

ASUNTO: CREDENCIAL DE NOMEAMENTO DE APODERADO/A

DATA

DATOS DA PERSOA PROPOSTA

PRIMEIRO APELIDO

SEGUNDO APELIDO

NOME

DNI

ENDEREZO

CP

CONCELLO

DATOS DO REPRESENTANTE

PRIMEIRO APELIDO

SEGUNDO APELIDO

NOME

DNI

ENDEREZO

CP

CONCELLO

REPRESENTANTE DA CANDIDATURA PRESENTADA POR ....................................................................................................................................................................................................................

Conforme o disposto no artigo 55 do Decreto 4/2007, nomea apoderado/a á persoa enriba indicada.

O/a representante

ANEXO VI
Asignación de vogalías polo sistema proporcional directo

O sistema proporcional directo atribúe as vogalías segundo a mecánica que a continuación se detalla:

Divídense os votos de cada candidatura entre un número, que se obtén, pola súa vez, de dividir o número de votos válidos totais obtidos polas distintas candidaturas entre o número de vogais que se deben elixir. Os resultados das divisións darán un valor para cada candidatura. A parte enteira do valor resultante será o número de vogais. Se aínda queda algún vogal por asignar, este será para a candidatura que teña un valor máis alto da parte decimal, e se queda algún vogal máis, para a seguinte que teña a parte decimal máis alta, e así sucesivamente. O seguinte exemplo ilustra o procedemento que se deberá aplicar:

Censo: 5.000 electores.

Vogais que se elixirán: 7.

Repartición de votos entre as distintas candidaturas:

A: 1.500.

B: 1.000.

C: 700.

D: 600.

E: 200.

Votos válidos obtidos polas distintas candidaturas: 4.000.

4.000 / 7 = 571,428.

1.500 / 571,428 = 2,62 . A obtén 2 + 1 = 3 vogais.

1.000 / 571,428 = 1,75. B obtén 1 + 1 = 2 vogais.

700 / 571,428 = 1,22. C obtén 1 vogal.

600 / 571,428 = 1,05. D obtén 1 vogal.

200 / 571,428 = 0,35. E obtén 0 vogais.