Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 41 Martes, 28 de febreiro de 2012 Páx. 7259

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Traballo e Benestar

CÉDULA do 7 de febreiro de 2012, da Dirección Xeral de Relacións Laborais, pola que se notifica a resolución do expediente sancionador incoado por infracción administrativa na orde social 2002/0091-3 e dous máis.

Unha vez intentada a notificación persoal e devolta polo servizo de Correos por resultar imposible a súa práctica, de conformidade co disposto nos artigos 59.5 e 61 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, modificado pola Lei 4/1999, mediante esta cédula, notifícanselles ás empresas relacionadas no anexo as resolucións ditadas nos expedientes sancionadores en materia de seguridade e saúde laboral e relacións laborais.

Faise saber que as ditas resolucións rematan a vía administrativa e as persoas interesadas poden formular contra elas recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses contados desde a súa publicación, ante o órgano xudicial que resulta competente por aplicación e de conformidade co establecido na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Advertíndolles que terán que aboar a multa imposta mediante a necesaria utilización do impreso que poderán solicitar na correspondente Xefatura Territorial da Consellería de Traballo e Benestar, no número de conta, na entidade bancaria e no prazo que nel se sinala, dentro do prazo de pagamento do período voluntario, xa que, noutro caso, se incoará o procedemento pola vía de constrinximento.

Santiago de Compostela, 7 de febreiro de 2012.

Odilo Martiñá Rodríguez
Director xeral de Relacións Laborais

ANEXO

Empresa

Domicilio Localidade

Número
de expediente

Data de resolución da dirección xeral

Preceptos

Sanción imposta

Infrinxidos

Sancionadores

Eladio Álvarez Núñez

Ourense
Ourense

RL 2002/0091-3
116/2002/3/T(AI)

17 de outubro de 2011

Artigos 12.2 e 15.1.b) do Real decreto lexislativo 1/1995, do 24 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei do Estatuto dos traballadores

Artigo 7.2 do texto refundido da Lei sobre infraccións e sancións na orde social, aprobado mediante Real decreto lexislativo 5/2000, do 4 de agosto

300,52 €

Construcciones Villantime, S.L.

Arzúa
A Coruña

RL 2008/0158-4 19991/2008/4/H(AI)

27 de abril de 2011

Artigo 14 do convenio n.º 81 da Organización Internacional de Traballo, adoptado o 11.7.1947, relativo á inspección de traballo na industria e no comercio, ratificado por España o 14.1.1960, en relación co establecido no artigo 23.3 da Lei 31/1995, do 8 de novembro, de prevención de riscos laborais, relacionado co artigo 6 da Orde do 16.12.1987 pola que se establecen modelos para notificación de accidentes e se ditan instrucións para cubrilos e tramitalos; artigos 4.2.d) e 19 do Real decreto lexislativo 1/1995, do 24 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei do Estatuto dos traballadores, e artigos 14, 15 e 17 da Lei 31/1995, do 8 de novembro, de prevención de riscos laborais, en relación co establecido nos artigos 3 e 4; e anexo II, números 4.3.1 e 4.3.5 do Real decreto 1215/1997, do 18 de xullo, polo que se establecen as disposicións mínimas de seguridade e saúde para a utilización polos traballadores dos equipos de traballo

Artigos 12.3 e 12.16.b) do texto refundido da Lei sobre infraccións e sancións na orde social, aprobado mediante Real decreto lexislativo 5/2000, do 4 de agosto

4.092 €

Grupo Jubelope, S.L.

Arteixo
A Coruña

RL 2010/0478-1 138536/2010/1/H (AI)

2 de novembro de 2011

Artigos 14 e 15 da Lei 31/1995, do 8 de novembro, de prevención de riscos laborais; anexo IV, parte C, número 3.b), e artigo 11.1.a) e b) do Real decreto 1627/1997, do 24 de outubro, polo que se establecen as disposicións mínimas de seguridade e saúde nas obras de construción

Artigo 12.16.f) do texto refundido da Lei sobre infraccións e sancións na orde social, aprobado mediante Real decreto lexislativo 5/2000, do 4 de agosto

6.000 €