Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 41 Martes, 28 de febreiro de 2012 Páx. 7258

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Traballo e Benestar

CÉDULA do 6 de febreiro de 2012, da Xefatura Territorial da Coruña, pola que se notifica o inicio do dereito de audiencia no expediente sancionador na orde social RL 2011/691-1.

Intentada a notificación por correo certificado aos titulares das empresas que se indican a continuación sen que se puidese efectuar, esta xefatura territorial resolve notificar por este medio, de conformidade cos artigos 59.5 e 61 da Lei 30/1992, que se inicia o prazo de dez días, a partir do día seguinte á súa publicación no DOG, durante o que poderán exercer o dereito de audiencia do expediente, previo á resolución na Xefatura Territorial da Coruña, todo isto segundo o establecido no artigo 18.2 do Real decreto 928/1998, do 14 de maio.

Expediente n.º: RL 2011/691-1.

Acta inf. n.º: I152011000158521.

Empresa: Manipulados Hércules, S.L.

NIF: B15200306.

Enderezo: polígono industrial Coirós, 12, 15165 Bergondo.

Materia: traballo (non pagamento e atraso reiterado no pagamento do salario).

Normativa infrinxida: artigo 5 do Real decreto lexislativo 5/2000, do 4 de agosto, en relación co artigo 29 do Real decreto lexislativo 1/1995, do 24 de marzo.

Tipificación: artigo 8.1 e de conformidade co artigo 39 do Real decreto lexislativo 5/2000, do 4 de agosto (falta moi grave en grao mínimo).

Proposta de sanción: 6.251 €.

Documentos que constan no expediente:

– Acta de infracción.

– Xustificantes das notificacións.

A Coruña, 6 de febreiro de 2012.

Luis Alberto Álvarez Freijido
Xefe territorial da Coruña