Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 41 Martes, 28 de febreiro de 2012 Páx. 7256

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Traballo e Benestar

CÉDULA do 6 de febreiro de 2012, da Xefatura Territorial da Coruña, pola que se notifica o inicio do dereito de audiencia no expediente sancionador na orde social RL 2011/671-1.

Intentada a notificación por correo certificado aos titulares das empresas que se indican a continuación sen que se puidese practicar, esta xefatura territorial resolve notificar por este medio, de conformidade cos artigos 59.5 e 61 da Lei 30/1992, que se inicia o prazo de dez días, a partir do día seguinte á súa publicación no DOG, durante o que poderán exercer o dereito de audiencia do expediente, previo á resolución na Xefatura Territorial da Coruña, todo isto segundo o establecido no artigo 18.2 do Real decreto 928/1998, do 14 de maio.

Expediente n.º: RL 2011/671-1.

Acta inf. n.º: I152011000138111 (I-II-III).

Empresa: Tempo Ideal Unipessoal Lda. (I).

NIF: W0103878E.

Enderezo: rúa Hermanos Maristas, 1, 1.º, 36700 Tui (Pontevedra).

Materia: seguridade e hixiene (investigación accidente de traballo).

Normativa infrinxida: artigo 5.2 do Real decreto lexislativo 5/2000, do 4 de agosto; artigos 4.2.d) e 19.1 do Real decreto lexislativo 1/1995, do 24 de marzo; artigos 14.1 e 15.1.a), 24.1 e 24.3 da Lei 31/1995, do 8 de novembro; artigo 11.1.b) e c) do Real decreto 1627/1997, do 24 de outubro, e artigo 3.1 e anexo II, número 1, puntos 1, 2 e 7, e anexo II, punto 3.2.e), do Real decreto 1215/1997, do 18 de xullo.

Tipificación: artigo 12.16.b) do Real decreto lexislativo 5/2000, do 4 de agosto, (falta grave en grao mínimo).

Proposta de sanción: 2.046 euros.

Documentos que constan no expediente:

– Acta de infracción.

– Xustificantes das notificacións.

Segundo o artigo 42.3 do Real decreto lexislativo 5/2000, do 4 de agosto, apréciase responsabilidade solidaria das seguintes empresas:

Sacyr, S.A.U., co NIF A78366382, e Construcciones O Salgueiral, S.L. co NIF B36574424.

A Coruña, 6 de febreiro de 2012.

Luis Alberto Álvarez Freijido
Xefe territorial de Traballo e Benestar