Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 41 Martes, 28 de febreiro de 2012 Páx. 7254

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Traballo e Benestar

CÉDULA do 6 de febreiro de 2012, da Xefatura Territorial de Lugo, pola que se fai pública a Resolución do 23 de decembro de 2011 de desistencia de petición de axuda polo establecemento como traballador autónomo ou por conta propia, reguladas na Orde do 17 de febreiro de 2011 (Diario Oficial de Galicia número 60, do 25 de marzo), relativa ao expediente TR341D 2011/1036-2.

Intentada a notificación deste acordo, segundo o disposto nos artigos 59.5.º e 61 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (BOE n.º 285, do 27 de novembro), modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro (BOE do 14 de xaneiro), e non sendo posible a súa práctica, por medio desta cédula, e segundo o disposto no número 5 do referido artigo e o establecido no artigo 61 do mesmo texto legal, notifícaselle ao interesado o contido da resolución que figuran como anexo, para que poida ter coñecemento dela.

Así mesmo, fáiselle saber que pon fin á vía administrativa e que contra ela cabe formular recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses, contados desde o día seguinte ao da publicación desta resolución, ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia; así mesmo, con anterioridade e con carácter potestativo, poderá interpoñerse recurso de reposición, no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da publicación desta resolución, ante a Xefatura Territorial da Consellería de Traballo e Benestar, todo iso de conformidade co establecido na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa, e na Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Lémbraselle tamén o seu dereito a consultar o expediente, depositado nas dependencias desta xefatura territorial, sitas na rolda da Muralla, n.º 70, baixo, Lugo, e a obter, se é o caso, copia deste acordo, segundo o previsto na letra a) do artigo 35 da Lei 30/1992, do 26 de novembro.

Lugo, 6 de febreiro de 2012.

Antonio Dacal López
Xefe territorial de Lugo

ANEXO

N.º de expediente: TR341D 2011/1036-2.

Nome: Jesús Fernández Álvarez.

DNI/NIF: 32633822-L.

Último enderezo coñecido: r/ Conde Pallares, 62, 27800, Vilalba, Lugo.

Procedemento: subvención polo establecemento como traballador autónomo ou por conta propia.

Feito imputado: non ter presentada a documentación requirida, logo de transcorrer o prazo concedido.

Contido da resolución: desistencia de petición da solicitude.