Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 41 Martes, 28 de febreiro de 2012 Páx. 7252

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Traballo e Benestar

CÉDULA do 27 de xaneiro de 2012, da Xefatura Territorial de Lugo, pola que se fai pública a Resolución do 24 de novembro de 2011 de desistencia de petición de axuda polo establecemento como traballador autónomo ou por conta propia, reguladas na Orde do 17 de marzo de 2011 (Diario Oficial de Galicia número 60, do 25 de marzo), relativa ao expediente TR341D 2011/811-2.

Intentada a notificación deste acordo segundo o disposto nos artigos 59.5.º e 61 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (BOE n.º 285, do 27 de novembro), modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro (BOE do 14 de xaneiro), e ao non ser posible a súa práctica, por medio desta cédula, e segundo o disposto no número 5 do referido artigo e o establecido no artigo 61 do mesmo texto legal, notifícaselle ao interesado o contido da resolución que figura como anexo, para que poida ter coñecemento dela.

Así mesmo, fáiselle saber que pon fin á vía administrativa e que contra ela cabe formular recurso contencioso-administrativo, no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ao da publicación da presente resolución, ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia; así mesmo, con anterioridade e con carácter potestativo, poderá interporse recurso de reposición, no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da publicación desta resolución, ante esta xefatura territorial da Consellería de Traballo e Benestar, todo iso de conformidade co establecido na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa, e na Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Lémbraselle tamén o seu dereito a consultar o expediente, depositado nas dependencias desta xefatura territorial, sitas na rolda da Muralla, n.º 70 baixo, en Lugo; e a obter, se é o caso, copia deste acordo, segundo o previsto na letra a) do artigo 35 da Lei 30/1992, do 26 de novembro.

Lugo, 27 de xaneiro de 2012.

Antonio Dacal López
Xefe territorial de Lugo

ANEXO

N.º de expediente: TR341D 2011/811-2.

Nome: David Alemparte Cruz.

DNI/NIF: 33997696-Q.

Último enderezo coñecido: lg. Caboi, 16, 27374 Outeiro de Rei (Lugo).

Procedemento: subvención polo establecemento como traballador autónomo ou por conta propia.

Feito imputado: non ter presentada a documentación requirida, logo de transcorrer o prazo concedido.

Contido da resolución: desistencia de petición da solicitude.