Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 41 Martes, 28 de febreiro de 2012 Páx. 7239

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

RESOLUCIÓN do 16 de febreiro de 2012, da Dirección Xeral de Industria, Enerxía e Minas, pola que se autoriza administrativamente e se aproba o proxecto de execución do modificado II do proxecto básico e de execución modificado Seteventos II (central fotovoltaica de 10 MW), nos termos municipais do Saviñao e Chantada (Lugo) (expediente IN407A 2011/111-2, 7947 A.T.).

Examinado o expediente instruído por pedimento da empresa Solidadidad Solar, S.L., con enderezo para os efectos de notificación en Polígono Industrial O Pegao, parcela 19, 27540 Escairón, O Saviñao (Lugo), resultan os seguintes

Antecedentes de feito.

Primeiro. Por Resolución do 8 de setembro de 2010, da Dirección Xeral de Industria, Enerxía e Minas, autorizouse, aprobouse o proxecto de execución e incluíuse no réxime especial de produción de enerxía eléctrica unha instalación solar fotovoltaica de 10.000 kW denominada Seteventos II, que Solidaridad Solar, S.L. promove no concello do Saviñao (Lugo), publicándose no DOG do 9 de novembro e no BOP de Lugo do 8 de novembro de 2010.

Segundo. Con data 6 de outubro de 2011, a citada empresa solicita a autorización administrativa e a aprobación do proxecto de execución das instalacións eléctricas obxecto da presente resolución, achegando o correspondente proxecto de execución, de acordo co disposto no Real decreto 1955/2000, de 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica.

Terceiro. As características técnicas básicas da instalación son as seguintes:

– Liña de evacuación de 20 kV de tensión nominal, cunha lonxitude de 9,55 km, con condutor R.H.Z.1-OL 12/20 kV 1×630 mm2 KAI + H16, soterrado en gabia (ben directamente, ou ben baixo tubo, segundo o tramo), con orixe na central fotovoltaica de Seteventos II, no Saviñao e final na subestación particular 20/132 kV.

– Subestación particular 20/132 kV, coa seguinte configuración:

● Sistema de 132 kV, equipado cunha GIS en simple barra, cunha posición de liña, cun transformador de potencia intemperie 20/132 kV, 10/12 MVA, ONAM/ONAF, conexión YNd11 e reactancia de posta á terra para embarrado 20 kV, e outro de servizos auxiliares 20/0,4 kV de 25 kVA de potencia, tamén en intemperie.

● Sistema de 20 kV en simple barra, con celas de liña, trafo, medida e servizos auxiliares.

● Edificio con sala GIS 132 kV, sala de celas M.T. e aparellos de control, servizos auxiliares e de telecomunicacións.

– Liña de conexión en alta tensión 132 kV, cun tramo soterrado cunha lonxitude de 0,71 km, desde a subestación ata o PAS, en condutor R.H.Z.1-OL 76/132 kV 1×300 mm2 KAI + H 95, e cun tramo aéreo sobre dous apoios metálicos de celosía tipo Funtam Delta 25BS 2T coa función de fin de liña, con condutores de fase LA-180 e de protección OPGM 51E67, cunha lonxitude de 0,56 km desde o PAS ata a subestación eléctrica de Belesar, en Chantada.

Concellos: O Saviñao e Chantada (Lugo).

Cuarto. Por Resolución do 15 de novembro de 2011, da Xefatura Territorial da Consellería de Economía e Industria de Lugo, someteuse a información pública a petición de autorización da citada instalación eléctrica, publicándose no DOG do 1 de decembro e no BOP de Lugo do 29 de novembro de 2011.

Quinto. Durante o período en que se someteu a trámite de información pública non consta a presentación de alegacións.

Sexto. Separadamente, presentáronse aquelas partes do proxecto que afectan bens, instalacións, obras ou servizos, centros ou zonas dependentes doutros organismos públicos ou corporacións, co fin de que, no seu caso, establecesen o condicionado procedente.

Sétimo. A solicitude obxecto deste expediente está informada favorablemente pola Xefatura Territorial da Consellería de Economía e Industria de Lugo.

Fundamentos de dereito.

Primeiro. A Dirección Xeral de Industria, Enerxía e Minas é competente para resolver este expediente con fundamento no Estatuto de autonomía de Galicia; Decreto 79/2009, do 19 de abril, e Decreto 13/2012, do 4 de xaneiro, polos que se fixa a estrutura orgánica da Xunta de Galicia e das consellerías desta (DOG do 20.4.2009 e 5.1.2012, respectivamente), Decreto 324/2009, do 11 de xuño (DOG do 17.6.2009) polo que se establece a estrutura orgánica da Consellería de Economía e Industria, Decreto 36/2001, do 25 de xaneiro, polo que se establecen os órganos competentes para a resolución dos procedementos de autorización de instalacións eléctricas que sexan competencia da Comunidade Autónoma de Galicia, en relación co Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, e a Lei 54/1997, do 27 de novembro, do sector eléctrico, modificada pola Lei 17/2007, do 4 de xullo e a Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Segundo. O proxecto cumpre o disposto no Real decreto 223/2008, do 15 de febreiro, polo que se aproba o Regulamento sobre condicións técnicas e garantías de seguridade en liñas eléctricas de alta tensión e as súas instrucións técnicas complementarias ITC-LAT 010 a 09, e, en concreto, na súa ITC-LAT 09 e o disposto no Regulamento sobre centrais eléctricas, subestacións e centros de transformación, aprobado polo Real decreto 3275/1982, de 12 de novembro.

Terceiro. No expediente instruído para o efecto cumpríronse os trámites regulamentarios.

Esta dirección xeral, de acordo co que antecede e no exercicio das competencias que ten atribuídas,

RESOLVE:

1. Autorizar administrativamente o Modificado II do proxecto básico e de execución modificado Seteventos II (central fotovoltaica de 10 mW), nos termos municipais do Saviñao e Chantada (Lugo).

2. Aprobar o proxecto de execución da instalación eléctrica que se cita.

Todo isto de acordo coas condicións seguintes:

Primeira. As instalacións que se autorizan terán que realizarse de acordo coas especificacións e planos que figuran no proxecto presentado pola empresa, asinado polo enxeñeiro industrial Alfonso Fernández Losada, e visado polo Ilustre Colexio Oficial de Enxeñeiros Industriais de Galicia, delegación de Ourense, con número de visado 208/2011, con data do 6 de outubro de 2011, e cun orzamento de 2.118.762,77 euros.

Segunda. O peticionario asegurará o mantemento e a vixilancia correcta das instalacións durante a construción e despois da súa posta en servizo, co fin de garantir que, en todo momento, se manterán as condicións regulamentarias de seguridade.

Terceira. En todo momento deberase cumprir canto establecen os regulamentos técnicos de aplicación, así como demais normativas e directrices vixentes aplicables.

Cuarta. Para introducir modificacións nas instalacións que afecten datos básicos do proxecto será necesaria a autorización previa da Dirección Xeral de Industria, Enerxía e Minas. Así mesmo, a Xefatura Territorial da Consellería de Economía e Industria de Lugo poderá autorizar as modificacións de detalle do proxecto que resulten procedentes, debendo comunicar a esta dirección xeral todas as resolucións que dite en aplicación da citada facultade.

Quinta. O prazo para a posta en marcha das instalacións que se autorizan será de doce meses, contados a partir da data de notificación desta resolución.

Unha vez construídas as instalacións autorizadas, a Xefatura Territorial da Consellería de Economía e Industria de Lugo inspeccionará a totalidade das obras e montaxes efectuados e verificará o cumprimento dos compromisos contraídos pola empresa promotora.

Sexta. A Administración reserva para si o dereito de deixar sen efecto esta aprobación por calquera das causas establecidas no artigo 34 do Decreto 1775/1967, do 22 de xullo, por incumprimento das condicións impostas ou por calquera outra causa excepcional que o xustifique.

Sétima. Esta autorización dáse sen prexuízo de terceiros e independentemente das autorizacións, licenzas ou permisos de competencia municipal, provincial ou outros necesarios para a realización das obras das instalacións autorizadas.

Contra esta resolución, que non é definitiva en vía administrativa, cabe interpoñer recurso de alzada ante o conselleiro de Economía e Industria no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da notificación ou publicación desta resolución, sen prexuízo de que os interesados poidan interpoñer calquera outro recurso que estimen pertinente.

Santiago de Compostela, 16 de febreiro de 2012.

Ángel Bernardo Tahoces
Director xeral de Industria, Enerxía e Minas