Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 41 Martes, 28 de febreiro de 2012 Páx. 7238

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

RESOLUCIÓN do 13 de febreiro de 2012, da Xefatura Territorial de Pontevedra, pola que se somete a información pública a petición de autorización dunha instalación eléctrica no concello de Vilaboa (expediente IN407A 2012/27-4).

Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e no artigo 125 do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, sométese a información pública a petición de autorización das instalacións eléctricas que se describen:

Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.

Domicilio social: travesía de Vigo, 204, 36207 Vigo.

Denominación: recuamento L.M.T. PSY 806 Santa Cristina de Cobres.

Situación: Vilaboa.

Descricións técnicas: L.M.T. aérea a 20 kV con condutor tipo LA-56 de 41 metros de lonxitude, con orixe na L.M.T. PSY 806 (Vilaboa signo 6) apoio existente HV-400/11 n.º D24-57-1 e final na L.M.T. PSY 806 (Vilaboa signo 6) apoio existente HV-630/11 n.º D24-57-2X. A instalación está situada no lugar de Magarella, Santa Cristina de Cobres, Vilaboa.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presentar as súas alegacións nesta xefatura territorial, edificio administrativo avda. Fernández Ladreda, 43, 5.º, no prazo de vinte días. Así mesmo, e durante o mencionado prazo, tamén se poderá examinar o proxecto da instalación.

Pontevedra, 13 de febreiro de 2012.

Ignacio Rial Santomé
Xefe territorial de Pontevedra