Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 41 Martes, 28 de febreiro de 2012 Páx. 7225

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

RESOLUCIÓN do 16 de xaneiro de 2012, da Dirección Xeral de Industria, Enerxía e Minas, pola que se somete a información pública a solicitude de autorización administrativa, aprobación do proxecto de execución e recoñecemento, en concreto, da utilidade pública do proxecto de distribución de gas natural denominado Reforzamento da rede de Lugo MOP = 16 bar desde a posición W.02 de Enagás, promovido pola empresa Gas Natural Distribución SDG, S.A. (expediente IN627A 2011/7-0).

De acordo co disposto na Lei 34/1998, do 7 de outubro, do sector de hidrocarburos, no Real decreto 1434/2002, do 27 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de gas natural, no Decreto 62/2010, do 15 de abril, polo que se regula o trámite de competencia e os criterios de valoración no suposto de concorrencia de dúas ou máis solicitudes de autorización administrativa de instalacións de transporte secundario e distribución de gas natural e redes de distribución de gases licuados do petróleo (GLP), nos artigos 17 da Lei de expropiación forzosa e 56 do seu regulamento, na Lei 9/2002, do 30 de decembro, de ordenación urbanística e protección do medio rural de Galicia, e demais normativa específica de aplicación, sométese ao trámite de información pública a solicitude de autorización administrativa, aprobación do proxecto de execución e recoñecemento, en concreto, da utilidade pública do proxecto de distribución de gas natural denominado «Reforzamento da rede de Lugo MOP = 16 bar desde a posición W.02 de Enagás», declarado de utilidade pública polo artigo 103 da citada Lei 34/1998.

Peticionario: Gas Natural Distribución SDG, S.A., con CIF A63485890 e con domicilio para os efectos de notificacións na rúa Lisboa, s/n, edificio Área Central, local 31-HIJ, 15707, Santiago de Compostela (A Coruña).

Antecedentes:

Dentro da gasificación do Noroeste, Enagás realizou a construción da rede de Lugo, con deseño no rango de presión MOP (máxima presión de operación) = 16 bar e tubaxe de aceiro de varios diámetros, que se encontra en operación desde 1998 e cuxo propietario actual é Gas Natural Distribución SDG, S.A.

Actualmente Enagás está a realizar os trámites administrativos para a execución do gasoduto Guitiriz-Lugo, que inclúe a posición W.02 no lugar de Chicán, dentro do municipio de Begonte, na provincia de Lugo.

Co fin de incrementar a capacidade da rede de Lugo, Gas Natural Distribución SDG, S.A. pretende desenvolver o proxecto «Reforzamento da rede de Lugo MOP = 16 bar desde a posición W.02 de Enagás».

Unha vez que estean en operación as instalacións obxecto dos citados proxectos, procederase ao pechamento da planta de almacenamento de gas natural licuado situada no lugar de Chousa Grande (Lugo), que ten por obxecto apoiar a rede de Lugo con carácter temporal ata a posta en servizo do gasoduto Guitiriz-Lugo.

O 11.10.2011 a empresa Gas Natural Distribución SDG, S.A. presentou a solicitude de autorización administrativa, a aprobación do proxecto de execución e o recoñecemento, en concreto, da utilidade pública do proxecto de distribución de gas natural denominado «Reforzamento da rede de Lugo MOP = 16 bar desde a posición W.02 de Enagás».

O 13.12.2011 a Secretaría Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental, da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, emitiu informe en que considera que non procede someter o referido proxecto ao trámite de avaliación de impacto nin de efectos ambientais.

Obxecto da petición:

Autorización administrativa, aprobación do proxecto de execución e recoñecemento, en concreto, da utilidade pública do proxecto de distribución de gas natural denominado «Reforzamento da rede de Lugo MOP = 16 bar desde a posición W.02 de Enagás».

A autorización de instalacións que se solicita comportará, de acordo co que establecen os artigos 103 e 105 da Lei 34/1998, do 7 de outubro, os beneficios da declaración de utilidade pública e a necesidade de ocupación urxente para os efectos de expropiación forzosa dos bens e dereitos afectados necesarios para o establecemento destas instalacións e da imposición e o exercicio da servidume de paso e doutras limitacións de dominio.

Características das instalacións:

• A canalización comeza no T de toma en carga de 8" con reforzamento circular completo que se situará sobre a tubaxe existente de 8" da rede de Lugo, a uns 128,70 m augas abaixo do vértice V-85. Continuará 1 m de tubaxe de aceiro de 8" e unha redución de 8"×12" para seguir 47,78 m de tubaxe de aceiro de 12" ata a posición W.02 de Enagás, situada no vértice V-85-3 e na cal se instalará unha válvula de 12" soterrada.

• As lonxitudes, espesores e diámetros da tubaxe para empregar son as reflectidas na táboa seguinte:

Condución

Diámetro (")

Espesor (mm)

Lonxitude (m)

Conexión á posición W.02

12

4,0

47,78

Conexión á rede de Lugo

8

4,0

1,00

Lonxitude total

48,78

• As instalacións obxecto do proxecto son as seguintes:

– Conexión á tubaxe existente de 8", mediante soldadura dun T de toma en carga de 8" con reforzamento circular completo.

– Canalización de gas natural con MOP = 16 bar, en aceiro de 8" e de 1 m de lonxitude, desde o T de toma en carga ata a redución 8"×12".

– Canalización de gas natural con MOP = 16 bar, en aceiro de 12" e de 47,78 m de lonxitude, desde a redución 8"×12" ata o punto de entrega de Enagás.

– Instalación de tritubo para telecomunicacións.

Termos municipais afectados: a solicitude afecta o termo municipal de Begonte, na provincia de Lugo.

Orzamento: o orzamento das instalacións ascende á cantidade de trinta e cinco mil catrocentos dezaseis euros con setenta e oito céntimos (35.416,78 €).

Afección a predios particulares:

A afección a predios particulares derivada da construción do proxecto de distribución de gas natural denominado «Reforzamento da rede de Lugo MOP = 16 bar desde a posición W.02 de Enagás», concrétase da seguinte forma:

1. Expropiación forzosa en pleno dominio dos terreos sobre os cales se construirán as instalacións fixas en superficie.

2. Para as canalizacións:

a) Imposición de servidume permanente de paso nunha franxa de terreo de tres (3) metros, un e medio (1,5) a cada lado do eixe, por onde discorrerá soterrada a tubaxe ou tubaxes e cables de comunicación e telemando que se requiran para a condución de gas. Así mesmo, instalaranse nesta franxa os elementos auxiliares e de sinalización, estando suxeita a servidume que se establece ás seguintes limitacións de dominio:

– Prohibición de efectuar traballos de arada ou similares a unha profundidade superior a cincuenta (50) centímetros, así como de plantar árbores ou arbustos a unha distancia inferior a dous (2) metros contados desde o eixe da tubaxe.

– Prohibición de realizar calquera tipo de obras ou efectuar algún acto que puider danar ou perturbar o bo funcionamento das instalacións a unha distancia inferior a cinco (5) metros do eixe do trazado, a un e outro lado del. Esta distancia poderá reducirse sempre que se solicite expresamente e se cumpran as condicións que, en cada caso, fixe o órgano competente da Administración.

– Libre acceso do persoal e equipamentos necesarios para poder manter, reparar ou renovar as instalacións, con pagamento, de ser o caso, dos danos que se ocasionen.

– Posibilidade de instalar os fitos de sinalización ou delimitación e os tubos de ventilación, así como de realizar as obras superficiais ou subterráneas que sexan necesarias para a execución ou funcionamento das instalacións.

b) Contigua á zona de servidume permanente existe unha zona de seguranza definida na norma UNE 60.305.83, que se estende ata cinco (5) metros a cada lado do eixo da canalización, na cal a execución de escavacións ou obras pode representar un cambio nas súas condicións de seguranza e na cal non se dan as limitacións nin se prohiben as obras incluídas como prohibidas na zona de servidume de paso, sempre que se informe previamente o titular das instalacións, para a adopción das accións oportunas que eviten os riscos potenciais para a canalización.

c) Ocupación temporal, como necesidade derivada da execución das obras, da zona que se reflicte para cada predio nos planos parcelarios de expropiación. Nesta zona farase desaparecer temporalmente todo obstáculo e realizaranse as obras necesarias para o tendido e montaxe das instalacións e elementos anexos, executando os traballos ou operacións precisas para os ditos fins.

3. Para o paso dos cables de conexión, equipamentos de telecomunicación e elementos dispersores de protección catódica:

a) Imposición de servidume permanente de paso nunha franxa de terreo dun (1) metro de largo, por onde discorrerán soterrados os cables de conexión. Para os leitos dispersores da protección catódica, a franxa de terreo onde se establece a imposición de servidume permanente de paso terá como largura a correspondente á instalación máis un (1) metro a cada lado. Estas franxas estarán suxeitas ás seguintes limitacións de dominio:

– Prohibición de efectuar traballos de arada ou similares a unha profundidade superior a cincuenta (50) centímetros, así como de plantar árbores ou arbustos e realizar calquera tipo de obras, construción ou edificación a unha distancia inferior a un metro e medio (1,5) a cada lado do cable de conexión ou do límite da instalación soterrada dos leitos dispersores, podendo exercer o dereito a cortar ou arrincar as árbores ou arbustos que houber a unha distancia inferior da indicada.

– Libre acceso do persoal e equipamentos necesarios para poder manter, reparar ou renovar as instalacións, con pagamento, de ser o caso, dos danos que se ocasionen.

b) Ocupación temporal, como necesidade derivada da execución das obras, da zona que se reflicte para cada predio nos planos parcelarios de expropiación. Nesta zona farase desaparecer temporalmente todo obstáculo e realizaranse as obras necesarias para o tendido e montaxe das instalacións e elementos anexos, executando os traballos ou operacións precisas para os ditos fins.

O que se fai público para coñecemento xeral e, especialmente, dos propietarios de terreos e demais titulares afectados polo proxecto de distribución de gas natural denominado «Reforzamento da rede de Lugo MOP = 16 bar desde a posición W.02 de Enagás», na relación que se insire como anexo a esta resolución, para que poidan examinalo na Dirección Xeral de Industria, Enerxía e Minas da Consellería de Economía e Industria, edificio administrativo San Caetano, bloque 5, 4.º andar, 15781, Santiago de Compostela, e na súa Xefatura Territorial de Pontevedra, rolda da Muralla, 70, 27071, Lugo, e presentar nos ditos centros as alegacións que consideren oportunas no prazo de vinte días a partir do seguinte á publicación deste anuncio. Os planos parcelarios poderán ser igualmente consultados nos concellos afectados.

Faise constar que esta publicación se realiza igualmente para os efectos determinados polo artigo 59.5 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, cando os interesados sexan descoñecidos, se ignore o lugar ou o medio de notificación, ou ben, cando intentada a notificación, non se tiver podido realizar.

Santiago de Compostela, 16 de xaneiro de 2012.

Ángel Bernardo Tahoces
Director xeral de Industria, Enerxía e Minas

ANEXO
Relación de predios afectados polo proxecto de distribución de gas natural denominado «Reforzamento da rede de Lugo MOP = 16 bar desde a posición W.02 de Enagás»

Abreviaturas utilizadas: Pol.-Polígono; Par.-Parcela; SE.-Expropiación de pleno dominio; SP.-Servidume permanente de paso; OT.-Ocupación temporal.

Pol.

Par.

Titular e enderezo

SE (m2)

SP (m)

OT (m2)

Referencia catastral

Natureza

Concello de Begonte

78

210

María Raquel López Novo

Rúa Cacel, n.º 4.

27370 Rábade (Lugo)

0

6,70

64,00

27007A078002100000GY

Rústico

78

169

Rodolfo Díaz Campos

R/ Manuel Murguía, n.º 7, 7.º C.

15011 A Coruña

0

36,34

360,86

27007A078001690000GU

Rústico

78

137

Irene Díaz Varela

Lg. Vilar de Seo, Regabaixo, 9.

27370 Rábade (Lugo)

1

5,74

70,27

27007A078001370000GU

Rústico