Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 41 Martes, 28 de febreiro de 2012 Páx. 7220

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

RESOLUCIÓN do 7 de novembro de 2011, da Xefatura Territorial de Pontevedra, pola que se somete a información pública a petición de autorización dunha instalación eléctrica no concello de Silleda (expediente IN407A 2011/302-4).

Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e no artigo 125 do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, sométese a información pública a petición de autorización das instalacións eléctricas que se describen:

Solicitante: José Cancela García.

Domicilio social: Vendexa, 37, Orazo, 36588 A Estrada.

Denominación: L.M.T.A. de acometida ao C.T. dunha granxa en Cervaña.

Situación: Silleda.

Descricións técnicas: liña de media tensión aérea a 20 kV con condutor LA-56 de 90 metros de lonxitude, con orixe no apoio n.º 12 da L.M.T. Cervaña-Currantes de Hidroeléctrica de Silleda, S.L.e final no centro de transformación que dará subministración a unha granxa situada en Cervaña, Lamas, concello de Silleda.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presentar as súas alegacións nesta xefatura territorial, edificio administrativo avda. Fernández Ladreda, 43, 5.º, no prazo de vinte días. Así mesmo, e durante o mencionado prazo, tamén se poderá examinar o proxecto da instalación.

Pontevedra, 7 de novembro de 2011.

Ignacio Rial Santomé
Xefe territorial de Pontevedra