Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 41 Martes, 28 de febreiro de 2012 Páx. 7218

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

ACORDO do 28 de decembro de 2011, da Xefatura Territorial de Ourense, pola que se somete a información pública a petición do dereito mineiro número 5.248, Gómez-Paredes, sito nos concellos de Baltar e Calvos de Randín.

Para os efectos previstos no artigo 21 da Lei 3/2008, do 23 de maio, de ordenación da minaría de Galicia, e o artigo 70.2 do Regulamento xeral para o réxime da minaría, do 25 de agosto de 1978, sométese a información pública a petición do dereito mineiro que se cita:

Número: 5.248.

Nome: Gómez-Paredes.

Tipo de dereito: permiso de investigación.

Peticionario: Domus Village, S.L.

Domicilio: rúa O’Donnell 32, 2.º B, 28009 Madrid

Data de solicitude: 22 de setembro de 2011.

Cuadrículas: 36.

Recursos: recursos da sección C.

Concellos: Baltar e Calvos de Randín (Ourense).

Designación:

Vértice

Lonxitude

Latitude

Pp

7º 50’ 00”

41º 55’ 20”

1

7º 49’ 00”

41º 55’ 20”

2

7º 49’ 00”

41º 55’ 40”

3

7º 48’ 00”

41º 55’ 40”

4

7º 48’ 00”

41º 56’ 00”

5

7º 45’ 00”

41º 56’ 00”

6

7º 45’ 00”

41º 55’ 40”

7

7º 45’ 40”

41º 55’ 40”

8

7º 45’ 40”

41º 55’ 20”

9

7º 47’ 00”

41º 55’ 20”

10

7º 47’ 00”

41º 55’ 00”

11

7º 47’ 20”

41º 55’ 00”

12

7º 47’ 20”

41º 54’ 40”

13

7º 50’ 00”

41º 54’ 40”

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán examinar o expediente e presentar as súas alegacións nesta xefatura territorial (rúa Curros Enríquez, 1-4.º, 32003 Ourense), no prazo de trinta días.

Ourense, 28 de decembro de 2011.

Gabriel Diéguez Domínguez
Xefe territorial de Ourense