Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 41 Martes, 28 de febreiro de 2012 Páx. 7207

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Facenda

ANUNCIO do 14 de febreiro de 2012, da Dirección Xeral da Función Pública, polo que se notifica a resolución recaída na solicitude de compatibilidade formulada por José Antonio Torre Eiriz.

Con data do 30 de decembro de 2011 a conselleira de Facenda ditou resolución pola que se ten por desistido da solicitude de compatibilidade formulada a José Antonio Torre Eiriz.

Tentada por dúas veces a notificación da citada resolución a través do servizo de Correos no domicilio indicado polo interesado para os efectos de notificación, esta non se puido efectuar e foi devolta polo dito servizo coa indicación «ausente na repartición».

Polo exposto, esta dirección xeral, en cumprimento do disposto no artigo 59.5.º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, en virtude deste anuncio, notifica a José Antonio Torre Eiriz a resolución antes referida.

O interesado pode recoller a respectiva resolución mediante comparecencia nas dependencias da Oficina de Incompatibilidades e Boas Prácticas da Dirección Xeral da Función Pública (edificio administrativo San Caetano, s/n, 1-3.º, Santiago de Compostela), das 9.00 ás14.00 horas, no prazo de dez días contados a partir do seguinte ao da publicación deste anuncio no DOG.

Contra a referida resolución, que pon fin á vía administrativa, poderá interpoñer o interesado recurso de reposición ante a conselleira de Facenda, no prazo dun mes, ou directamente, recurso contencioso-administrativo ante o xulgado do contencioso-administrativo da circunscrición en que teña o seu enderezo ou no de Santiago de Compostela, conforme os artigos 8, 14 e 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa, no prazo de dous meses, contados, en ambos os casos, a partir do día seguinte ao da súa comparecencia para recoller a resolución, ou ao do transcurso do prazo previsto no parágrafo anterior sen que o interesado compareza.

Santiago de Compostela, 14 de febreiro de 2012.

José María Barreiro Díaz
Director xeral da Función Pública