Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 41 Martes, 28 de febreiro de 2012 Páx. 7208

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas

RESOLUCIÓN do 9 de febreiro de 2012, da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, pola que se fai público o cofinanciamento pola Unión Europea a través do Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional nun 70% no marco do Programa operativo Feder Galicia 2007-2013 de varios contratos.

O secretario xeral técnico da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, para os efectos previstos nos artigos 8 e 9 do Regulamento (CE) 1828/2006 da Comisión, do 8 de decembro de 2006, acordou dar publicidade do cofinanciamento pola Unión Europea a través do Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional nun 70% no marco do Programa operativo Feder Galicia 2007-2013, dos seguintes contratos:

1. Servizo para o desenvolvemento da rede de asistencia aos varamentos de mamíferos e réptiles mariños da Comunidade Autónoma de Galicia (expediente 51/09), adxudicado pola Resolución do 4 de novembro de 2009. Eixe 3, tema prioritario 51.

2. Asistencia técnica para a elaboración do Plan integral de flora ameazada de costa rochosa (expediente 223/07), adxudicado pola Resolución do 1 de abril de 2008. Eixe 3, tema prioritario 51.

3. Asistencia técnica para a elaboración do Plan integral de recuperación e conservación da flora ameazada dos sistemas dunares litorais (expediente 44/08), adxudicado pola Resolución do 13 de maio de 2008. Eixe 3, tema prioritario 51.

4. Servizo para a redacción do Plan de desenvolvemento sustentable (PDS) do parque natural das Fragas do Eume na provincia da Coruña (expediente 86/2008), adxudicado pola Resolución do 7 de novembro de 2008. Eixe 3, tema prioritario 51.

5. Obra de creación dun parque biolóxico no cercado do complexo ambiental de Cotorredondo (expediente 27/09), adxudicado pola Resolución do 16 de abril de 2009. Eixe 5, tema prioritario 56.

6. Obra de mellora do río e do contorno da praia fluvial de Porto Vilán en Fornelos de Montes (expediente 212/08), licitado mediante publicación na plataforma de contratación o día 22 de outubro de 2008 e adxudicado pola Resolución do 30 de marzo de 2009. Eixe 5, tema prioritario 56.

7. Creación dun roteiro ambiental en Baredo, Baiona (Pontevedra) (expediente 80/09), adxudicado pola Resolución do 10 de decembro de 2009. Eixe 3, tema prioritario 55.

8. Servizo para a redacción do Plan de ordenación dos recursos naturais e do medio físico do lugar de importancia comunitaria (LIC) e zona de especial protección dos valores naturais (ZPPVN) denominado Pena Trevinca (Ourense) e do Plan de ordenación dos recursos naturais e do medio físico da Serra do Galiñeiro denominado ampliación do parque natural do Monte Aloia (Pontevedra) (2 lotes), (expediente 97/2008), adxudicado pola Resolución do 7 de abril de 2009. Eixe 3, tema prioritario 51.

9. Obra de permeabilización á fauna no peche cinexético no lugar de importancia comunitaria (LIC) Bidueiral de Montederramo (expediente 108/2008), adxudicado pola Resolución do 25 de novembro de 2008. Eixe 3, tema prioritario 51.

Santiago de Compostela, 9 de febreiro de 2012.

P.D. (Orden do 9 de xullo de 2009, DOG n.º 138, do 16 de xullo)
José Antonio Fernández Vázquez
Secretario xeral técnico da Consellería de Medio Ambiente,
Territorio e Infraestruturas