Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 41 Martes, 28 de febreiro de 2012 Páx. 7204

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Facenda

ANUNCIO do 14 de febreiro de 2012, da Zona de Recadación de Vigo, polo que se dá a coñecer a realización da poxa pública dos bens/dereitos que se describen.

O día 11 de abril de 2012, ás 10.30 horas, nos locais da Zona de Recadación de Vigo (sita na rúa Areal n.º 62, local 3 de Vigo), terá lugar a poxa pública dos bens/dereitos que se describen a continuación:

Debedor: Esteves Antonio, Manuel. NIF: X0679677G.

Lote

Descrición

Valor

Cargas

Tipo 1.ª

Tramos

1

Vehículo matrícula: 8815FWP

Marca: Nissan

Modelo: Interstar

Tipo: furgón

Bastidor: WNVF3CYL6UB013848

Data de matriculación: 19.10.2007

6.700 €

Non constan

6.700 €

250 €

Debedor: Metro Cuadrado Planificación y Gest. CIF: B36958999.

Lote

Descrición

Valor

Cargas

Tipo 1.ª

Tramos

2

Vehículo matrícula: 7197DVL

Marca: Citroën

Modelo: C2 1.1

Tipo: turismo

Bastidor: VF7JMHFXC97331739

Data de matriculación: 18.1.2006

3.700 €

Non constan

3.700 €

250 €

Debedor: Mobiliza Gestión Inmobiliaria, S.L. CIF: B36921195.

Lote

Descrición

Valor

Cargas

Tipo 1.ª

Tramos

3

Vehículo matrícula: 8225BHK

Marca: Mercedes

Modelo: S 400

Tipo: turismo

Bastidor: WDB2200281A185463

Data de matriculación: 5.4.2001

10.600 €

Non constan

10.600 €

250 €

Debedor: Caeiro Lago, Celia. NIF: 35906809Z.

Lote

Descrición

Valor

Cargas

Tipo 1.ª

Tramos

4

Predio de Vigo n.° 41365, 36016000064992, urbana. Nove. Vivenda C, sita no primeiro piso do edificio que leva os números trinta e catro da rúa Urzáiz e trinta e sete e trinta e nove á rúa Colombia nesta cidade de Vigo. Corresponde ao corpo con fronte á rúa Urzáiz, actualmente o enderezo da vivenda é rúa Urzáiz, número cento dezaoito, primeiro C. Mide uns oitenta e catro metros con trinta decímetros cadrados. Limita: norte, patio de luces, relanzo escaleira, vivenda B de igual planta e vivenda G de igual planta do portal número cento trinta e catro; sur, patio de luces, vivenda G de igual planta do portal cento trinta e catro, e patio do cuarteirón; leste, vivenda E e G de igual portal número cento trinta e catro e patios de luces; e oeste, patios de luces e vivenda D de igual planta. Ten anexo un cuarto trasteiro no faiado. Referencia catastral: 4157002NG2745N0006WR. Cota na comunidade, cero enteiros setecentos cincuenta e dúas milésimas por cento. Titularidade: Caeiro Lago, Celia, 35906809Z, estado civil: viúva, dereito: clase: pleno dominio, de 100% deste predio, carácter adq.: privativo titulo: herdanza autorizante: José Antonio Rodríguez González, Vigo, n.° protocolo: 2306 de data: 1.10.2008, inscrición: Rexistro da Propiedade n.º 1 de Vigo, inscrición 15.a, tomo: 989, libro: 989, folio: 90, data: 11.2.2009.

104.876 €

Non constan

104.876 €

1.000 €

De conformidade co disposto no artigo 101 do Real decreto 939/2005, do 29 de xullo, polo que se aproba o Regulamento xeral de recadación, faise constar:

a) Están á disposición dos interesados, na Zona de Recadación de Vigo, onde poden ser examinados ata o día anterior ao da poxa, os expedientes de constrinximento en que constan os títulos de propiedade dos bens ou dereitos poxados e o estado das súas cargas e gravames, cos que haberá de se conformar, sen ter dereito a exixir outros.

b) Cando se trate de bens ou dereitos inscritibles nos rexistros públicos, os licitadores non poderán exixir outros títulos de propiedade que os achegados no expediente; que, de non estar inscritos os bens ou dereitos no rexistro, o documento público de venda é título mediante o que se pode efectuar a inmatriculación nos termos previstos na lexislación hipotecaria, e que, nos demais casos nos que sexa preciso, haberán de proceder, se lles interesa, como dispón o título VI da Lei hipotecaria para levar a cabo a concordancia entre o rexistro e a realidade xurídica.

c) As cargas e gravames que subsistisen ao crédito dos executantes continuarán subsistindo, entendéndose que o rematante os acepta e queda subrogado nas súas responsabilidades, sen destinarse á súa extinción o prezo do remate.

d) No tipo da poxa non se inclúen os impostos indirectos que graven a transmisión dos bens ou dereitos.

e) Obriga de constituír ante a mesa da poxa, con anterioridade á súa realización, un depósito do 20 por centro do tipo da poxa. De forma motivada poderá reducirse este depósito ata un mínimo do 10 por cento. Se os adxudicatarios non satisfán o prezo do remate, o dito depósito aplicarase á cancelación da débeda, sen prexuízo das responsabilidades en que incorrerán polos prexuízos que orixine a falta de pagamento do prezo do remate.

O depósito constituirase mediante cheque que cumpra os requisitos establecidos no artigo 35.1 do Regulamento xeral de recadación ou por calquera outro medio que se habilite para o efecto.

f) A poxa suspenderase en calquera momento anterior á adxudicación de bens ou dereitos se se fai o pagamento da contía establecida no artigo 169.1 da Lei 58/2003, do 17 de decembro, xeral tributaria.

g) O adxudicatario entregará, no acto da adxudicación ou dentro dos 15 días seguintes, a diferenza entre o depósito constituído e o prezo da adxudicación.

h) Admitiranse ofertas en sobre pechado. Neste caso a mesa de poxa substituirá os licitadores, puxando por eles na forma prevista para o efecto.

i) Logo da realización da primeira licitación, a mesa poderá acordar a realización dunha segunda licitación, logo de deliberación da súa conveniencia. Neste caso admitiranse poxas que cubran o novo tipo, que será o 75 por cento do tipo da poxa na primeira licitación.

j) De conformidade co disposto no artigo 107 do Regulamento xeral de recadación, e de quedar bens sen adxudicar, iniciarase o trámite de adxudicación directa por prazo de seis meses, podendo presentar ofertas en sobre pechado a partir dese momento á mesa da poxa.

A mesa da poxa abrirá as ofertas presentadas ao remate do prazo dun mes desde o seu inicio, podendo proceder á adxudicación dos bens se algunha delas se considera suficiente nese momento. En caso contrario, anunciarase a extensión dun mes máis para a presentación de novas ofertas ou mellora das xa existentes, sen prexuízo da validez das ofertas presentadas ata ese momento; e así sucesivamente, co límite total de seis meses.

Vigo, 14 de febreiro de 2012.

Javier Sánchez García
Recadador de zona de Vigo