Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 41 Martes, 28 de febreiro de 2012 Páx. 7279

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Instituto Galego da Vivenda e Solo

RESOLUCIÓN do 17 de febreiro de 2012 pola que se anuncia a licitación, polo sistema de procedemento aberto e trámite ordinario, do servizo consistente na vixilancia encargada da seguridade das obras de construción de 52 VPP en Covadonga. Ourense. Expediente OU-2006/010.

1. Entidade adxudicadora.

Instituto Galego da Vivenda e Solo (IGVS).

2. Obxecto do contrato.

a) Descrición do obxecto: servizo consistente na vixilancia encargada da seguridade das obras de construción de 52 VPP en Covadonga. Ourense.

b) Prazo de execución: 8 meses.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma: multicriterio.

4. Orzamento base de licitación.

a) Orzamento de licitación: oitenta e oito mil euros (88.000 euros), IVE excluído.

b) IVE (18%): quince mil oitocentos corenta euros (15.840 euros).

c) Importe total: cento tres mil oitocentos corenta euros (103.840 euros).

5. Garantías.

a) Provisional: non se exixe.

b) Definitiva: 5% do orzamento de adxudicación, IVE excluido.

6. Requisitos específicos do contratista.

Clasificación: grupo M, subgrupo 2, categoría A.

7. Obtención de documentación.

– Os pregos de cláusulas administrativas particulares e prescricións técnicas polos que terá que rexerse a contratación poderán recollerse durante o prazo de presentación de proposicións no Servizo de Contratación na sede central do Instituto Galego da Vivenda e Solo (Polígono das Fontiñas, Área Central, s/n, Santiago de Compostela).

– Poderanse obter os pregos a través da internet no perfil do contratante no enderezo: http://www.contratosdegalicia.es/resultado.jsp?N=17202

– Tamén no perfil do contratante: http://igvs.xunta.es/web/igvs/329

8. Presentación das ofertas.

As proposicións, que se axustarán ao modelo que se inclúe no correspondente prego de cláusulas administrativas particulares, presentaranse no rexistro da sede dos servizos centrais do IGVS (Polígono das Fontiñas, Área Central, s/n, Santiago de Compostela), antes das 14.00 horas do décimo quinto (15) día natural contado a partir do seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia. De coincidir o dito día en sábado ou festivo, o prazo para a presentación das propostas rematará o primeiro día hábil seguinte. Cando a proposición se envíe por correo, o licitador deberá xustificar a data de imposición do envío na oficina de Correos e anunciarlle ao órgano de contratación a remisión da dita oferta mediante telegrama ou fax (981 54 16 00) no mesmo día.

9. Posibilidade de variantes.

Non se admiten.

10. Apertura de proposicións.

O acto público de apertura do sobre B (documentación relativa a criterios non avaliables de forma automática) terá lugar no salón de actos da sede dos servizos centrais do Instituto Galego da Vivenda e Solo, ás dez (10.00) horas, nun prazo non superior a 7 días contados desde a apertura da documentación administrativa que será anunciada no perfil do contratante.

O acto público de apertura do sobre C (documentación relativa a criterios avaliables de forma automática) terá lugar no salón de actos da sede dos servizos centrais do Instituto Galego da Vivenda e Solo, ás dez (10.00) horas da data que será anunciada, con tres días hábiles de antelación a su realización, no perfil do contratante.

11. Gastos do anuncio.

O importe dos anuncios será por conta do adxudicatario.

Todas as referencias ao articulado da Lei 30/2007, do 30 de outubro, de contratos do sector público, do prego de cláusulas administrativas particulares que rexe está contratación entenderanse feitas ao Real decreto lexislativo 3/2011, do 14 de novembro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de contratos do sector público, en relación ao disposto na disposición transitoria primeira do dito real decreto lexislativo.

Santiago de Compostela, 17 de febreiro de 2012.

P.D. (Resolución 23.6.2010)
Antonio José Boné Pina
Director xeral do Instituto Galego da Vivenda e Solo