Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 41 Martes, 28 de febreiro de 2012 Páx. 7276

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Instituto Galego da Vivenda e Solo

RESOLUCIÓN do 16 de febreiro de 2012 pola que se anuncia a licitación, polo sistema de procedemento aberto suxeito a regulación harmonizada e trámite urxente, do servizo consistente na limpeza e mantemento das dependencias do Instituto Galego da Vivenda e Solo en Santiago de Compostela (IGVS01-12).

1. Entidade adxudicadora: Instituto Galego da Vivenda e Solo (IGVS).

2. Obxecto do contrato.

a) Descrición do obxecto: servizo consistente na limpeza e mantemento das dependencias do Instituto Galego da Vivenda e Solo en Santiago de Compostela.

b) Prazo de execución: 2 anos.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

a) Tramitación: urxente.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma: multicriterio.

4. Orzamento base de licitación.

a) Importe neto: catrocentos oitenta e dous mil cento vinte e nove euros con catro céntimos (482.129,04 €), IVE excluído.

b) IVE (18%): oitenta e seis mil setecentos oitenta e tres euros con vinte e tres céntimos (86.783,23 €).

c) Importe total: cincocentos sesenta e oito mil novecentos doce euros con vinte e sete céntimos (568.912,27 €).

5. Garantías.

a) Provisional: non se exixe.

b) Definitiva: 5% do importe de adxudicación (IVE excluído).

6. Requisitos específicos do contratista.

Clasificación: grupo U, subgrupo 1, categoría A; grupo O, subgrupo 1, categoría A.

7. Obtención de documentación.

– Os pregos de cláusulas administrativas particulares e prescricións técnicas polos que debe rexerse a contratación poderán recollerse durante o prazo de presentación de proposicións no Servizo de Contratación na sede central do Instituto Galego da Vivenda e Solo (polígono das Fontiñas, Área Central, s/n, Santiago de Compostela), e consultarse na páxina da internet: http://www/Contratosdegalicia/Resultado.jsp?N=17200

– Tamén no perfil do contratante: http://igvs.xunta.es/web/igvs/329

8. Presentación das ofertas.

As proposicións, que se axustarán ao modelo que se inclúe no correspondente prego de cláusulas administrativas particulares, presentaranse no Rexistro da sede dos servizos centrais do Instituto Galego da Vivenda e Solo (polígono das Fontiñas, Área Central, s/n, Santiago de Compostela), antes das 14.00 horas do día 26 de marzo de 2012.

Cando a proposición se envíe por correo o licitador deberá xustificar a data de imposición do envío na oficina de Correos e anunciarlle ao órgano de contratación a remisión da dita oferta mediante telegrama ou fax (981 54 16 00) no mesmo día.

9. Posibilidade de variantes: non se admiten.

10. Apertura das ofertas.

O acto público de apertura do sobre B (documentación relativa a criterios non avaliables de forma automática) terá lugar no salón de actos da sede dos servizos centrais do Instituto Galego da Vivenda e Solo, ás dez (10.00) horas, nun prazo non superior a 7 días contados desde a apertura da documentación administrativa que será anunciada no perfil do contratante.

O acto público de apertura do sobre C (documentación relativa a criterios avaliables de forma automática) terá lugar no salón de actos da sede dos servizos centrais do Instituto Galego da Vivenda e Solo, ás dez (10.00) horas da data que será anunciada, con tres días hábiles de antelación a súa realización, no perfil do contratante.

11. Gasto do anuncio: o importe dos anuncios será por conta do adxudicatario.

12. Data de envío deste anuncio ao Diario Oficial de la Unión Europea: 16 de febreiro de 2012.

Santiago de Compostela, 16 de febreiro de 2012.

Antonio José Boné Pina
Director xeral do Instituto Galego da Vivenda e Solo