Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 41 Martes, 28 de febreiro de 2012 Páx. 7282

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Instituto Galego da Vivenda e Solo

CÉDULA do 26 de xaneiro de 2012, da Xefatura Territorial de Pontevedra da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, pola que se lles notifica ás persoas interesadas que se indican no anexo o acordo de inicio do procedemento de desafiuzamento por ocupación sen título legal DT-001/12.

De conformidade cos artigos 58, 59 e 60 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, despois de que se intentase en dúas ocasións a notificación persoal no último domicilio coñecido, notifícaselles ás persoas interesadas o acordo de inicio do procedemento de desafiuzamento por ocupación sen título legal que se detalla no anexo.

Pontevedra, 26 de xaneiro de 2012.

José Luis Díez Yáñez
Xefe territorial de Pontevedra da Consellería de Medio
Ambiente, Territorio e Infraestruturas

ANEXO

Expediente: DT-001/12.

Nome: comunidade hereditaria de Peregrina Tajes Justo.

Enderezo: rúa Alemaña, 57, 3.º C, Monteporreiro, Pontevedra.

Asunto: notificación do acordo de inicio do procedemento de desafiuzamento administrativo por ocupación sen título legal DT-001/12.

Recursos: de conformidade co disposto no artigo 16.1 do Real decreto 1398/1993, do 4 de agosto, polo que se aproba o Regulamento do procedemento para o exercicio da potestade sancionadora, os interesados dispoñen dun prazo de quince días, que se contará a partir do seguinte ao da publicación deste acordo, para achegar cantas alegacións, documentos ou informacións consideren convenientes e, se é o caso, propoñer proba, concretando os medios de que pretendan valerse. Poderá tamén recoñecer expresamente a súa responsabilidade mediante a entrega das chaves da vivenda.

Advírteselle aos interesados que, de non efectuaren alegacións no prazo indicado, este acordo de iniciación poderá ser considerado proposta de resolución.