Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 39 Venres, 24 de febreiro de 2012 Páx. 6958

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia de Protección da Legalidade Urbanística

CÉDULA do 9 de febreiro de 2012 pola que se notifica o acordo de incoación do expediente sancionador 107 C 2011/71-0.

O xefe do Servizo de Inspección Urbanística II acordou o día 17 de xaneiro de 2012 incoar expediente sancionador a Manuel Castiñeiras Castromán e a M.ª Dolores Ayaso Paz, en calidade de promotores das obras e propietarios dos terreos, polas obras consistentes en vertedura de entullo, almacenaxe de pedra, cerramento de predio e construción dunha cimentación de formigón armado no lugar dos Castelos, parroquia de Aguiño, no termo municipal de Ribeira, provincia da Coruña.

Ao non poderse realizar a notificación persoal daquel acordo, xa que foi devolto polo servizo de Correos por resultar descoñecido o domicilio do destinatario, mediante esta cédula, e ao abeiro do disposto no artigo 59.5 da Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (LRXPAC), notifícaselle aos interesados o devandito acordo.

Tendo en conta que, en atención ao previsto no artigo 61 da LRXPAC, o acto non se publica na súa integridade, fáiselle saber aos interesados que o texto íntegro do acordo que se notifica se encontra ao seu dispor nas dependencias da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística sitas no edificio Witland, Salgueiriños, en Santiago de Compostela, para a súa consulta no prazo de 10 días hábiles, que se contarán desde o día seguinte ao da publicación desta cédula. Transcorrido o devandito prazo, a notificación entenderase producida.

Os interesados disporán dun prazo de 15 días hábiles para alegaren e presentaren os documentos e informacións que coiden pertinentes e, no caso de que non tiveren por certos os feitos descritos nesta resolución, propor proba concretando os medios de que pretendan valerse.

Para que conste e lles sirva de notificación aos citados interesados, en cumprimento do disposto no artigo 59.5 da citada Lei 30/1992, do 26 de novembro, expido e asino esta cédula.

Santiago de Compostela, 9 de febreiro de 2012.

María Martínez Allegue
Directora da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística