Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 39 Venres, 24 de febreiro de 2012 Páx. 6959

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia de Protección da Legalidade Urbanística

CÉDULA do 9 de febreiro de 2012 pola que se notifica o acordo de incoación de expediente sancionador 107 C 2011/61-0, devolto polo servizo de Correos por resultaren os seus destinatarios ausentes na repartición.

O xefe do Servizo de Inspección Urbanística II acordou, o día 17 de xaneiro de 2012, incoar expediente sancionador a Elías Prado Díaz e a M.ª del Mar Blanco Roca, polas obras de construción dunha vivenda unifamiliar sen vinculación a explotación agrícola ou gandeira, no lugar de Penencia, parroquia de Doniños, termo municipal de Ferrol, provincia da Coruña.

Ao non poderse realizar a notificación persoal daquel acordo, mediante esta cédula e ao abeiro do disposto no artigo 59.5 da Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (LRXPAC), notifícaselles aos interesados o devandito acordo.

Tendo en conta que, en atención ao previsto no artigo 61 da LRXPAC, o acto non se publica na súa integridade, fáiselles saber aos interesados que o texto íntegro do acordo que se notifica se encontra ao seu dispor nas dependencias da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística, sitas no edificio Witland, Salgueiriños, en Santiago de Compostela, para a súa consulta no prazo de 10 días hábiles, que se contarán desde o día seguinte ao da publicación desta cédula. Transcorrido o devandito prazo a notificación entenderase producida.

Os interesados disporán dun prazo de 15 días hábiles para alegar e presentar os documentos e informacións que coiden pertinentes e, no caso de que non tivesen por certos os feitos descritos nesta resolución, propor proba concretando os medios de que pretendan valerse.

Para que conste e lles sirva de notificación aos citados interesados en cumprimento do disposto no artigo 59.5 da citada Lei 30/1992, do 26 de novembro, expido e asino esta cédula.

Santiago de Compostela, 9 de febreiro de 2012.

María Martínez Allegue
Directora da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística