Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 39 Venres, 24 de febreiro de 2012 Páx. 6901

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela

EDICTO (1010/2011).

Susana Varela Amboage, secretaria xudicial do Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento de despedimento/cesamentos en xeral 1010/2011 deste xulgado do social, seguido por instancia de María Josefa Arcos Ordóñez contra a empresa Mercado Tropical, S.L., sobre despedimento, ditouse a sentenza cuxa parte dispositiva é a seguinte:

«Decido que, con estimación da demanda presentada por María Josefa Arcos Ordóñez contra a empresa Mercado Tropical, S.L., debo declarar e declaro a improcedencia do despedimento efectuado e condeno as entidades demandadas a estar e pasar por esta declaración e a que lle aboe á demandante a cantidade de 1.618,64 euros, en concepto de indemnización por despedimento, máis 4.267,24 euros, en concepto de salarios de tramitación, e a cantidade que resulte aplicando o haber diario de 30,5 euros desde a data desta resolución ata o día de notificación da sentenza.

Declárase a responsabilidade solidaria das entidades demandadas Mercado Tropical, S.L., Kilogrill e Districard Santiago, S.L.

Contra esta resolución cabe recurso de súplica para ante a Sala do Social do TSXG que deberá anunciarse dentro dos cinco días seguintes á notificación, conforme determina o artigo 192 da LPL.

Notifíqueselles esta resolución ás partes coas especialidades previstas nas leis respecto á empresa demandada.

Lévese testemuño literal aos autos da súa razón, quedando o orixinal no libro de sentenzas deste xulgado.

Así, por esta miña sentenza, definitivamente xulgando nesta primeira instancia, pronúncioo, mándoo e asínoo».

E para que sirva de notificación en legal forma a Mercado Tropical, S.L., Kilogrill, S.L. e Districard Santiago, S.L., en ignorado paradoiro, expido esta para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 6 de febreiro de 2012.

A secretaria xudicial