Ao abeiro do establecido na Lei 16/1987, do 30 de xullo, de ordenación dos transportes terrestres, e no seu regulamento de execución, aprobado polo Real decreto 1211/1990, do 28 de setembro, iniciaronse expedientes de regularización das seguintes concesións:
– V-0533; XG-035, Avión-Pontevedra, con anexos, de Autocares Manuel García Castro, S.L.
– V-7008; XG-382, A Guarda-Vigo-A Guarda, con anexos, de Automóviles de Tuy, S.A.
Os interesados ou afectados no expediente poderán comparecer no procedemento e, tras o exame da documentación pertinente no Servizo de Mobilidade de Pontevedra (edificio administrativo da Xunta de Galicia, avda. Fernández Ladreda, n.º 43-1.º andar), efectuar as alegacións que estimen oportunas no prazo de quince días, que se contará a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.
Pontevedra, 9 de decembro de 2011.
José Jorge Martínez Fernández
Xefe do Servizo de Mobilidade de Pontevedra