Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 39 Venres, 24 de febreiro de 2012 Páx. 6909

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

RESOLUCIÓN do 26 de decembro de 2011, da Dirección Xeral de Industria, Enerxía e Minas, pola que se autoriza administrativamente, se aproba o proxecto de execución e se recoñece a condición de instalación acollida ao réxime especial de produción de enerxía eléctrica do parque eólico Muxía I (1.ª e 2.ª fase), situado no concello de Muxía (A Coruña), e promovido por Desarrollos Eólicos, S.A. (Expediente IN661A 9/2004).

Examinado o expediente iniciado por pedimento da sociedade Desarrollos Eólicos, S.A., sobre autorización administrativa, aprobación do proxecto de execución e recoñecemento de instalación acollida ao réxime especial de produción de enerxía eléctrica do parque eólico Muxía, resultan os seguintes.

Antecedentes de feito.

Primeiro. Por Resolución do 6 de maio de 2004 (DOG n.º 100, do 26 de maio), da Consellería de Innovación, Industria e Comercio, publicouse a relación de solicitudes de autorización para a instalación de parques eólicos admitidas a trámite ao abeiro da Orde do 22 de xaneiro de 2004 (DOG n.º 18, do 28 de xaneiro), entre as que se inclúe a do Parque Eólico Muxía I-1.ª fase, para unha potencia máxima de 13,5 MW.

Segundo. Por Resolución do 29 de xaneiro de 2007 (DOG n.º 26, do 6 de febreiro), da Consellería de Innovación e Industria, publicouse a relación de solicitudes de autorización para a instalación de parques eólicos admitidas a trámite ao abeiro da Orde do 22 de maio de 2006 (DOG n.º 102, do 30 de maio), entre as que se inclúe a do Parque Eólico Muxía I-2.ª fase, para unha potencia máxima de 32,2 MW.

Terceiro. Por Resolución do 17 de decembro de 2009, da Dirección Xeral de Industria, Enerxía e Minas, autorizouse a recolocación de potencia entre os parques eólicos Muxía I-1.ª fase, Muxía I-2.ª fase, Muxía II e Fontesilva, dentro do Plan Eólico Estratéxico da Sociedade Desarrollos Eólicos, S.A., quedando o parque eólico Muxía I (1.ª e 2.ª fase) cunha potencia de 46,00 MW.

Cuarto. Con data do 24 de febreiro de 2010, Desarrollos Eólicos, S.A. presenta solicitude de autorización administrativa, aprobación do proxecto de execución, aprobación do proxecto sectorial de incidencia supramunicipal, declaración, en concreto, de utilidade pública e recoñecemento de instalación acollida ao réxime especial de produción de enerxía eléctrica das instalacións do Parque Eólico Muxía I (1.ª e 2.ª fase), para unha potencia total de 46,00 MW, de acordo co establecido no Decreto 302/2001, do 25 de outubro, polo que se regula o aproveitamento da enerxía eólica na Comunidade Autónoma de Galicia.

Quinto. Por acordo do 10 de maio de 2010, do Departamento Territorial da Consellería de Economía e Industria da Coruña, someteuse a información pública a solicitude de autorización administrativa, aprobación do proxecto sectorial de incidencia supramunicipal e estudo de impacto ambiental do Parque Eólico Muxía I (1.ª e 2.ª fase) no concello de Muxía. O devandito acordo publicouse no Diario Oficial de Galicia do 27 de maio, no Boletín Oficial da provincia da Coruña do 2 de xuño e no xornal La Voz de Galicia do 26 de maio, permanecendo exposto, así mesmo, no taboleiro de edicto do concello de Muxía.

Sexto.

Durante o período de información pública presentáronse as seguintes alegacións:

1. Con data do 7 de xuño de 2010, Francisco Fandiño Liñeiro alega que, dado o tempo transcorrido desde a primeira admisión de Muxía, se deberían revisar o prezo que se vaia pagar polos terreos.

2. Con data do 9 de xuño de 2010, M.ª Carmen Lucas Paz informa do falecemento da notificada Marina Paz Álvarez, achegando nome e enderezos dos herdeiros.

3. Con data do 11 de xuño de 2010, Pilar García García, presentou alegación sobre a superficie de afectación da utilidade pública, é a inexactitude da planimetría catastral.

4. Con data do 14 de xuño de 2010, David Areas Leira presentou alegación, na que fai constar os prexuízos que poida ocasionar a instalación do parque eólico nunha granxa de coellos da súa propiedade.

5. Con data do 14 de xuño de 2010, José Villar Lema presentou alegación na que se recollen as posibles afeccións do parque eólico aos animais dunha granxa da súa propiedade e comunica que é propietario xunto coa súa esposa dos predios 92, 90, 91, 83, 84.

6. Con data do 15 de xuño de 2010, Manuel, Rosa M.ª e M.ª Dolores Canosa Fandiño presentaron alegación na que comunican que se os teñan como interesados no expediente de expropiación e valoración, como herdeiros dos predios a nome de Matilde Fandiño Moreira.

7. Con data do 16 de xuño de 2010, Eladio Manuel Currás Caamaño e Laura Selvita Caamaño López presentaron alegación na que fan constar o cambio de titularidade do predio notificado a Manuel Currás Pereira, así mesmo alegan en relación coas servidumes que afectan aos seus predios, á valoración dos perxuízos que poida ocasionar as servidumes e ao impacto que no ambiente supón a implantación do proxecto.

8. Con data do 16 de xuño de 2010, Humberto Louzán Touriñán notificou que devolve a notificación recibida por non considerarse titulares do predio.

9. Con data do 18 de xuño de 2010, José Antonio Soneira Noya presentou alegación relativa á titularidade; así mesmo alega por estar desconforme coa superficie que se vaia expropiar e a superficie afectada no proxecto sectorial.

10. Con data do 18 de xuño de 2010, Manuel Perfecto e María del Pilar Martínez Senra presentaron alegación na que fan constar que non se xustifica no proxecto a urxente ocupación.

11. Con data do 18 de xuño de 2010, Ramón Martínez Méndez presentou escrito no que comunica o cambio de titularidade do predio a nome dos seus fillos.

12. Con data do 21 de xuño de 2010, Francisco Canosa Pérez presentou alegacións contra o parque eólico baseada nos impactos ambientais, paisaxísticos, sobre os recursos hidrolóxicos, no patrimonio arqueolóxico e socioeconómico, así como respecto á normativa urbanística e na inexistencia de interese social ou de utilidade pública na execución do proxecto.

13. Con data do 25 de xuño de 2010, M.ª Purificación Touriñán Albarellos solicita que se paralice o proceso expropiatorio, xa que se atopa pendente de resolución dun expediente aberto ante a Xerencia do Catastro pola desaparición dos datos catastrais de predios da súa titularidade.

Sétimo. Con data do 15 de febreiro de 2011, a Xefatura Territorial da Consellería de Economía e Industria informa que as instalacións proxectadas e recollidas no proxecto de execución do Parque Eólico Muxía I (1.ª e 2.ª fase) se adecúan aos regulamentos de aplicación e que procede continuar coa tramitación do procedemento, elevando o expediente á Dirección Xeral de Industria, Enerxía e Minas con data do 17 de febreiro.

Oitavo. Con data do 5 de abril de 2011, a Secretaría Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental emitiu a Declaración de Impacto Ambiental relativa ao proxecto do Parque Eólico Muxía I (1.ª e 2.ª fase), que se publicou no Diario Oficial de Galicia do 15 de xullo de 2011, por resolución da Dirección Xeral de Industria, Enerxía e Minas do 28 de xuño de 2011.

Noveno. O 21 de outubro de 2011, a Dirección Xeral de Sostibilidade e Paisaxe emitiu o informe previsto no artigo 13.3 do Decreto 80/2000, polo que se regulan os plans e proxectos sectoriais de incidencia supramunicipal, con respecto ao Proxecto Sectorial do Parque Eólico Muxía I (1.ª e 2.ª fase).

Décimo. Con data do 9 de decembro de 2011, a Xefatura Territorial da Consellería de Economía e Industria da Coruña informa que a área de incidencia do Parque Eólico Muxía I (1.ª e 2.ª fase), non se atopa afectada por ningún dereito mineiro vixente.

Aos anteriores antecedentes de feito sonlle de aplicación os seguintes:

Fundamentos de dereito.

Primeiro. A Dirección Xeral de Industria, Enerxía e Minas é a competente para resolver este procedemento, con fundamento no Decreto 79/2009, do 19 de abril, polo que se establece a estrutura orgánica da Xunta de Galicia, no Decreto 8/2011, do 28 de xaneiro, polo que se fixa a estrutura orgánica das consellerías da Xunta de Galicia, en relación co artigo 28 do Decreto 324/2009, do 11 de xuño, polo que se establece a estrutura orgánica da Consellería de Economía e Industria, co artigo 18 do Decreto 302/2001, do 25 de outubro, polo que se regula o aproveitamento da enerxía eólica na Comunidade Autónoma de Galicia e co artigo 4 do Real decreto 661/2007, do 25 de maio, polo que se regula a actividade de produción de enerxía eléctrica en réxime especial.

Segundo. No expediente instruído para o efecto cumpríronse os trámites procedimentais establecidos na Lei 54/1997, do 27 de novembro, do sector eléctrico, no Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, no Decreto 302/2001, do 25 de outubro, polo que se regula o aproveitamento da enerxía eólica na Comunidade Autónoma de Galicia, de acordo co establecido pola disposición transitoria cuarta da Lei 8/2009, do 22 de decembro, pola que se regula o aproveitamento eólico en Galicia e se crean o canon eólico e o Fondo de Compensación Ambiental, na Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, e demais normas vixentes de aplicación.

Terceiro. O proxecto de execución das instalacións do Parque Eólico Muxía I (1.ª e 2.ª fase) cumpre cos regulamentos de aplicación tal como se recolle no informe mencionado no antecedente de feito sétimo.

Cuarto. Polo que respecta ás alegacións presentadas, examinado o seu contido e as contestacións efectuadas pola empresa promotora, cómpre manifestar o seguinte:

Con respecto aos posibles erros nas servidumes das parcelas afectadas pola instalación do proxecto, así como a idoneidade da declaración da urxente ocupación, non procede nesta fase da tramitación, correspondéndose coa fase de declarada a utilidade pública, en concreto.

Con respecto aos posibles erros na titularidade dos predios afectados pola instalación do proxecto, cabe dicir que a empresa beneficiaria tomará razón daqueles, non obstante será durante o levantamento de actas, acto ao que serán oportunamente convocados, o momento no que poden demostrar a súa titularidade, achegando a documentación acreditativa necesaria.

En relación ás alegación presentadas de carácter ambiental e de impacto socioeconómico, cabe indicar que o proxecto do parque eólico conta xa con declaración de impacto ambiental, onde estes efectos xa están avaliados.

Así mesmo, en relación ás alegación presentadas para a valoración das afeccións nos predios, debemos indicar que non procede nesta fase da tramitación, correspondéndose coa fase do prezo xusto unha vez declarada a utilidade pública, en concreto.

Polo exposto e, no exercicio das competencias que teño atribuídas,

RESOLVO:

Primeiro. Autorizar administrativamente as instalacións do Parque Eólico Muxía I (1.ª e 2.ª fase), situado no concello de Muxía (A Coruña) e promovido por Desarrollos Eólicos, S.A., cunha potencia de 46 MW.

Segundo. Aprobar o proxecto de execución do Parque Eólico Muxía I (1.ª e 2.ª fase), asinado polo enxeñeiro industrial Jaime Gómez-Acebo Ara e visado polo Colexio Oficial de Enxeñeiros Industriais de Galicia o 30 de decembro de 2009 co número de visado electrónico CO093839, e anexo modificativo ao proxecto de execución modificado do proxecto do Parque Eólico Muxía I (1.ª e 2.ª fase) asinado polo enxeñeiro industrial Jaime Gómez-Acebo Ara e visado polo Colexio Oficial de Enxeñeiros Industriais de Galicia o 11 de marzo de 2010 co número de visado electrónico CO100638. As principais características do parque eólico definidas no proxecto son as seguintes:

Solicitante: Desarrollos Eólicos, S.A.

Domicilio social: rúa Amio 114-Polígono Empresarial Costa Vella, 15702 Santiago de Compostela.

Denominación: Parque Eólico Muxía I (1.ª e 2.ª fase).

Concellos afectados: Muxía (A Coruña).

Potencia que se vai instalar: 46 MW.

Orzamento: 48.478.397,81 euros.

Localización da área de afección:

Vértice

UTM X

UTM Y

1

479.000

4.775.000

2

481.500

4.771.500

3

481.500

4.769.000

4

483.000

4.769.000

5

483.000

4.762.500

6

475.500

4.762.500

7

475.500

4.767.500

8

479.000

4.767.500

9

479.000

4.769.000

Localización dos aeroxeradores:

Coordenadas dos aeroxeradores

Aeroxeradores

X UTM

Y UTM

A1

480879

4769475

A2

481035

4769333

A3

481196

4769202

A4

481337

4769030

A5

480205

4768334

A6

480387

4768153

A7

480025

4767541

A8

480509

4767492

A9

480761

4767433

A10

479730

4766901

A11

479912

4766803

A12

480109

4766690

A13

479413

4766226

A14

481683

4766705

A15

481732

4765923

A16

481878

4765741

A17

482015

4765597

A18

482153

4765453

A19

479218

4762963

A20

479406

4762906

A21

479570

4762778

A22

481385

4764139

A23

482035

4763461

As infraestruturas eléctricas de produción, transformación e interconexión están formadas polos seguintes elementos principais:

– 23 aeroxeradores de 2.000 kW de potencia nominal unitaria montados sobre fuste tubular metálico de 67/80 m de altura e rotores de 80 m de diámetro.

– 23 transformadores situados no interior dos fustes, de 2.000 kVA e tensións de 0,69/30 kV.

– Rede eléctrica subterránea de media tensión a 30 kV realizada en condutor DHZ1 18/30 kV de 1×400 mm2 Al, 1×300 mm2 Al e 1×95 mm2 Al para interconexión dos aeroxeradores e estes coa subestación transformadora.

– Subestación transformadora intemperie conxunta co Parque Eólico Muxía I (1.ª e 2.ª fase), equipada co transformador de 50 (ONAF) MVA e relación de transformador 30/66 kV, celas de media tensión 30 kV, transformador de servizos auxiliares de 50 kVA e relación 30/0.42 kV, aparamenta de medida, protección, telemando e telecontrol.

Terceiro. Recoñecerlle ao Parque Eólico Muxía I (1.ª e 2.ª fase) a condición de instalación acollida ao réxime especial de produción de enerxía eléctrica regulamentado polo Real decreto 661/2007, do 25 de maio, e incluíla no grupo b.2., subgrupo b.2.1., do artigo 2 do citado real decreto.

Esta autorización axustarase ao cumprimento das seguintes condicións:

1. Conforme o disposto no artigo 19 do Decreto 302/2001, do 25 de outubro, para os efectos de garantir o cumprimento das súas obrigas, Desarrollos Eólicos, S.A. deberá constituír, no prazo de 30 días contados desde o día seguinte ao da notificación desta resolución, unha fianza de 969.567,96 euros, importe correspondente ao 2% do orzamento do proxecto de execución do parque eólico que por esta resolución se aproba.

A dita fianza constituirase na Caixa Xeral de Depósitos da Consellería de Facenda da Xunta de Galicia, en calquera das formas sinaladas no artigo 11.3 do Decreto 1775/1967, do 22 de xullo, sobre réxime de instalación, ampliación e traslado de industrias, e devolverase unha vez que se formalice a acta de posta en marcha das instalacións.

2. Consonte o disposto no artigo 4 do Decreto 455/1996, do 7 de novembro, de fianzas en materia ambiental, fíxase, por proposta do órgano ambiental, a contía do aval correspondente aos labores de restauración asociados á fase de obras en 363.588 euros. Desarrollos Eólicos, S.A. deberá depositar no prazo de 30 días contados desde o día seguinte ao da notificación desta resolución o aval ambiental correspondente á fase de obras.

A dita fianza constituirase na Caixa Xeral de Depósitos da Consellería de Facenda da Xunta de Galicia, en calquera das formas sinaladas no artigo 11.3 do Decreto 1775/1967, do 22 de xullo, sobre réxime de instalación, ampliación e traslado de industrias, e devolverase cando desaparezan as causas que motivaron a súa exixencia, unha vez depositado o importe correspondente ao aval de restauración en fase de desmantelamento, conforme co artigo 6 do Decreto 455/1996, do 7 de novembro.

3. Como requisito necesario para a aplicación á citada instalación do réxime especial de produción de enerxía eléctrica, o promotor deberá inscribila definitivamente no Rexistro de Instalacións de Produción de Enerxía Eléctrica en Réxime Especial da Comunidade Autónoma de Galicia, creado pola Orde da Consellería de Industria e Comercio do 5 de xuño de 1995 (DOG do 14 de xullo), logo da acreditación do cumprimento dos requisitos establecidos nos artigos 11 e 12 do Real decreto 661/2007, do 25 de maio.

4. A instalación adaptarase ao procedemento de captación e procesamento de datos de produción de enerxía eléctrica de Galicia regulamentado pola Orde da Consellería de Innovación e Industria, do 23 de xaneiro de 2009, pola que se establece o procedemento para a captación e procesamento dos datos de produción enerxética das instalacións acollidas ao réxime especial de produción de enerxía eléctrica na Comunidade Autónoma de Galicia (DOG n.º 37, do 23 de febreiro).

5. As instalacións que se autorizan terán que realizarse de acordo coas especificacións e planos que figuran no proxecto de execución aprobado por esta resolución, cun orzamento de 48.478.397,81 euros.

6. O prazo para a posta en marcha das instalacións que se autorizan será de doce meses contados a partir da data de ocupación dos terreos.

Unha vez construídas as instalacións autorizadas e con carácter previo á súa posta en marcha, a Xefatura Territorial da Consellería de Economía e Industria da Coruña inspeccionará a totalidade das obras e montaxes efectuados e verificará o cumprimento dos condicionados establecidos nesta resolución e outros que sexan de aplicación.

7. O parque eólico que se autoriza deberá cumprir cos requisitos que se recollan nos procedementos de operación aprobados polo Ministerio de Industria, Energía e Turismo, que lle resulten de aplicación.

8. A Administración resérvase o dereito de deixar sen efecto esta autorización por calquera das causas establecidas no artigo 34 do Decreto 1775/1967, do 22 de xullo, por incumprimento das condicións impostas ou por calquera outra causa excepcional que o xustifique.

9. Esta autorización outórgase sen prexuízo de terceiros e independentemente das autorizacións, licenzas ou permisos de competencia municipal, provincial ou outros necesarios para a realización das obras das instalacións autorizadas.

Contra esta resolución, que non é definitiva en vía administrativa, cabe interpoñer recurso de alzada ante o conselleiro de Economía e Industria no prazo dun mes contado a partir do día seguinte o da súa notificación, conforme o establecido nos artigos 114 e 115 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, sen prexuízo de que os interesados poidan interpoñer calquera outro recurso que estimen pertinente.

Santiago de Compostela, 26 de decembro de 2011.

Ángel Bernardo Tahoces
Director xeral de Industria, Enerxía e Minas