Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 39 Venres, 24 de febreiro de 2012 Páx. 6919

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

RESOLUCIÓN do 2 de febreiro do 2012, da Xefatura Territorial de Lugo, pola que se somete a información pública a solicitude de autorización administrativa, aprobación do proxecto de execución e declaración de utilidade pública, en concreto, dunha instalación eléctrica L.M.T., C.T. e R.B.T. Castro-Alemparte, no concello de Guntín (expediente 004/2008 A.T.).

Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro, do sector eléctrico (BOE n.º 285, do 28 de novembro) e no título VII do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro (BOE n.º 310, do 27 de decembro) polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, sométese a información pública a petición de autorización administrativa, aprobación do proxecto de execución e a declaración de utilidade pública, en concreto, da seguinte instalación eléctrica:

Denominación: L.M.T., C.T. e R.B.T. Castro-Alemparte.

Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.

Domicilio social: A Batundeira, 2, Velle, Ourense.

Finalidade: mellorar a calidade da subministración eléctrica na zona.

Características técnicas principais:

– Liña de media tensión aérea a 20 kV, cunha lonxitude de 567 m, con orixe no apoio n.º 2 da L.M.T. derivada ao C.T.A. 27A659 (Alemparte) da L.M.T.A. LUG802, en condutor LA-56 e final no C.T.A. proxectado da Laxe, sobre apoios de formigón (5).

– C.T. intemperie da Laxe, de 50 kVA, 20.000/400/230 V, sobre apoio de formigón.

– R.B.T.A. A Laxe-Alemparte, con orixe no C.T.A. proxectado e unha lonxitude de 705 m (185 m novos e 60 m substituídos), en condutor R.Z., sobre apoios de formigón (4 novos e 10 existentes).

– R.B.T.A. de Castro, con orixe no C.T.A. de Alemparte (27A659) e unha lonxitude total de 2.314 m (1.044 m reformados), en condutor R.Z., sobre apoios de formigón (17 novos e 23 existentes).

– Autotransformador elevador Alemparte, de 50 kVA, 420/960 V.

– Autotransformador redutor Castro, de 50 kVA, 960/420 V.

A declaración de utilidade pública, segundo o sinalado no artigo 54 da citada Lei 54/1997, levará implícita, en todo caso, a necesidade de ocupación dos bens ou de adquisición dos dereitos afectados e implicará a urxente ocupación para os efectos do artigo 52 da Lei do 16 de decembro de 1954, de expropiación forzosa (BOE n.º 351, do 17 de decembro).

A relación concreta e individualizada de bens e dereitos afectados que se consideran de necesaria ocupación figuran no anexo que se insire xunto con esta resolución.

Aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presentar as súas alegacións por duplicado nesta xefatura territorial (edificio administrativo da Xunta de Galicia, rolda da Muralla, 70, Lugo) referidas ás posibles limitacións á constitución da servidume de paso de liñas eléctricas (artigo 161 do Real decreto 1955/2000) e aqueloutras que estimen oportunas no prazo de vinte días hábiles contados desde o día seguinte ao da última publicación ou ao da notificación individual.

Durante este prazo poderase examinar o proxecto das instalacións nesta xefatura territorial de luns a venres entre as nove da mañá e as dúas da tarde.

Ata o mesmo momento do levantamento das actas previas os interesados poderán facer alegacións por escrito só para os efectos de corrixir posibles erros que se atopen ao relacionar os bens e dereitos afectados segundo dispón o artigo 56.2 do Regulamento da Lei de expropiación forzosa (BOE n.º 160, do 20 de xuño de 1957).

Esta publicación realízase igualmente para os efectos do artigo 59.4 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, cando os titulares dos predios propostos sexan descoñecidos, non se saiba o lugar de notificación, ou ben cando, tentada a notificación, non se puido realizar e, así, dirixir ao Ministerio Fiscal as dilixencias que se produzan de conformidade co artigo 5 da Lei de expropiación forzosa, do 16 de decembro de 1954.

Lugo, 2 de febreiro de 2012.

José Manuel Vázquez Leirado
Xefe territorial de Lugo

ANEXO

Relación de propietarios, bens e dereitos afectados

N.º predio

Polg.

Parc.

Paraxe

Cultivo

Nome e apelidos

Enderezo

Apoio

Afecciósn

N.º

m2

ml aér.

m2 aér.

2

119

31

M. do Agro

Prado

– Francisco Rodríguez Aldaríz

Cruz da Veiga, Pradeda,s/n,

27211 Guntín, Lugo

1(1/2)

1.0

36.0

382.0

3

119

38

M. do Agro

Prado

– Eusebio Seijas Rodríguez

Alemparte, n.º 2,

27211 Guntín, Lugo

1(1/2)

1.0

71.0

735.0

5

119

41

Lobas de Riba

Prado

– Francisco Rodríguez Aldaríz

Cruz da Veiga, Pradeda, s/n,

27211 Guntín, Lugo

2 (1/2)

1.0

75.0

737.0

6

119

48

Penelas

Prado

– Francisco Rodríguez Aldaríz

Cruz da Veiga, Pradeda, s/n,

27211 Guntín, Lugo

3

2.0

60.0

600.0

7

119

47

Penelas

Monte alto

– Eusebio Seijas Rodríguez

Alemparte, n.º 2,

27211 Guntín, Lugo

36.0

597.0

8

118

237

Mollada

Monte alto

– Eusebio Seijas Rodríguez

Alemparte, n.º 2,

27211 Guntín, Lugo

4(1/2)

1.0

26.0

435.0

9

118

686

Penelas

Monte alto

– Antonio Vázquez Mourenza

O Pozo (Carasola), s/n,

27211 Guntín, Lugo

4(1/2)

1.0

40.0

649.0