Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 38 Xoves, 23 de febreiro de 2012 Páx. 6755

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Mos

ANUNCIO de información pública relativo a unha estación de servizo-gasolineira.

En cumprimento do disposto no punto 3.º do artigo 8 do Decreto 133/2008, do 12 de xuño, polo que se regula a avaliación de incidencia ambiental, sométese a información pública o expediente n.º 2011/618, tramitado por instancia de Hogomar 2000, S.L., para a concesión de licenza de apertura e funcionamento de construción de estación de servizo-gasolineira, que se instalará na estrada Puxeiros-Aeroporto, n.º 59, na parroquia de Tameiga deste municipio. Durante o prazo de vinte días, contados a partir do seguinte ao da última publicación deste edicto no Boletín Oficial da provincia e no Diario Oficial de Galicia, o expediente encóntrase á disposición do público nas oficinas municipais a fin de que quen se considere afectado pola actividade poida examinalo e deducir, se for o caso, as alegacións e observacións que teña por convenientes.

Mos, 19 de decembro de 2011.

Julia Loureiro Campo
Concelleira de Urbanismo