Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 38 Xoves, 23 de febreiro de 2012 Páx. 6756

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Mos

ANUNCIO de información pública relativo a unha actividade de transporte de mercadorías por estrada e loxística.

En cumprimento do disposto no punto 3 do artigo 8 do Decreto 133/2008, do 12 de xuño, polo que se regula a avaliación de incidencia ambiental, sométese a información pública o expediente n.º 2011/688, tramitado por instancia de Transportes Morgadas, S.L. e Transvagal, S.L., para a concesión de licenza de apertura e funcionamento de transporte de mercadorías por estrada e loxística, que se instalará na parcela B-16 do parque empresarial de Veigadaña, na parroquia de Petelos deste municipio. Durante o prazo de vinte días contados a partir do seguinte ao da última publicación do presente edicto no Boletín Oficial da provincia e no Diario Oficial de Galicia, o expediente encóntrase á disposición do público nas oficinas municipais, a fin de que quen se considere afectado pola actividade poida examinalo e deducir, se for o caso, as alegacións e observacións que teñan por convenientes.

Mos, 13 de xaneiro de 2012.

Julia Loureiro Campo
Concelleira de Urbanismo