Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 38 Xoves, 23 de febreiro de 2012 Páx. 6757

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Mos

ANUNCIO de información pública para unha actividade de elaboración e embotellamento de licores.

En cumprimento do disposto no punto 3 do artigo 8 do Decreto 133/2008, do 12 de xuño, polo que se regula a avaliación de incidencia ambiental, sométese a información pública o expediente n.º 2010/119, tramitado por instancia de Destilados Artesanos de Galicia, S.L., para a concesión de licenza de apertura e funcionamento de elaboración e embotellamento de licores, que se instalará en Amieiro Longo, n.º 16 - Trasera n.º 3, na parroquia de Sanguiñeda deste municipio. Durante o prazo de vinte días, contados a partir do seguinte ao da última publicación deste edicto no Boletín Oficial da provincia e Diario Oficial de Galicia, o expediente encóntrase á disposición do público nas oficinas municipais co fin de que quen se considere afectado pola actividade poida examinalo e deducir, se for o caso, as alegacións e observacións que teñan por convenientes.

Mos, 13 de xaneiro de 2012.

Julia Loureiro Campo
Concelleira de Urbanismo