Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 38 Xoves, 23 de febreiro de 2012 Páx. 6758

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Vigo

ANUNCIO de información pública sobre emprazamento de persoal.

Tendo sido presentado polo Sindicato Nacional de Comisións Obreiras de Galicia o recurso contencioso-administrativo (procedemento abreviado) n.º 3/2012, contra o acordo con data do 9.11.2011, pola que se desestima o recurso de reposición presentado por María Concepción Martínez-Murillo, en representación da sección sindical de CC.OO., no concello de Vigo con data do 21.9.2011, que se está a tramitar perante o Xulgado do Contencioso-Administrativo número 2 de Vigo, pola presente, e para os efectos da publicidade exixida polo artigo 47.2.º da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa, procédese a emprazar os posibles interesados que desexen comparecer no proceso indicado.

Vigo, 16 de febreiro de 2012.

Carlos López Font
Concelleiro-delegado da Área de Xestión Municipal