Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 38 Xoves, 23 de febreiro de 2012 Páx. 6753

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello da Coruña

ANUNCIO do estudo de detalle da área 2 na dársena da Mariña-peirao de transatlánticos (expediente EDD 1/10).

O Pleno municipal, en sesión do 15 de decembro de 2011, adoptou, entre outros, o seguinte acordo:

Primeiro. Aprobar o informe de alegacións do 29 de novembro de 2011 emitido polos técnicos municipais e o director de Urbanismo.

Segundo. Aprobar definitivamente o estudo de detalle para ordenar volumes da zona designada como área 2: dársena da Mariña-peirao de transatlánticos, presentado no Rexistro Municipal co n.º 7979 e data do 2 de decembro de 2011.

Terceiro. Notificar o acordo de aprobación definitiva aos departamentos municipais de Xestión do Solo, Licenzas e Disciplina, Área de Infraestruturas, Sección de Patrimonio Urbanístico, aos interesados no expediente, ao titular da concesión administrativa para a execución dun aparcamento subterráneo e ao promotor do estudo de detalle, a quen se require, ademais, para que nun prazo de 10 días presente en soporte informático a documentación aprobada para a súa incorporación ao sistema de información xeográfica municipal.

Cuarto. Ordenar o cumprimento dos trámites administrativos recollidos nos artigos 92.2 e 92.3 da Lei 9/2002, do 30 de decembro, de ordenación urbanística e protección do medio rural de Galicia, para a procura da entrada en vigor do estudo de detalle, logo do cumprimento do requirimento efectuado ao promotor no número anterior.

Este acordo pon fin á vía administrativa e contra el pódese interpor recurso contencioso-administrativo ante a sala correspondente do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses, contado a partir do día seguinte a aquel en que se realice a súa publicación no Diario Oficial de Galicia ou no BOP, ou da súa notificación no caso do promotor, de conformidade co artigo 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, da xurisdición contencioso-administrativa, sen prexuízo de calquera outro que se considere pertinente.

A documentación exixida polo artigo 92.3.º da Lei 9/2002, do 30 de decembro, de ordenación urbanística e protección do medio rural de Galicia, tivo entrada na Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, para os efectos da entrada en vigor do estudo de detalle o día 25 de xaneiro de 2012.

Os gastos desta publicación serán aboados pola Autoridade Portuaria da Coruña.

A Coruña, 25 de xaneiro de 2012.

César de Jesús Otero Grille
Director de Urbanismo