Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 38 Xoves, 23 de febreiro de 2012 Páx. 6663

III. Outras disposicións

Consellería do Medio Rural e do Mar

CORRECCIÓN de erros. Orde do 1 de febreiro de 2012 pola que se modifica o Regulamento da denominación de orixe Valdeorras e do seu Consello Regulador.

Advertido erro na citada orde, publicada no Diario Oficial de Galicia número 31, do martes, 14 de febreiro de 2012, cómpre efectuar a seguinte corrección da versión en galego:

Na páxina 5818, no punto un do artigo único onde di: «2. Na produción de mosto seguiranse as prácticas tradicionais aplicadas coa moderna tecnoloxía, orientada á mellora da calidade do produto final. Aplicaranse presións axeitadas para a extracción do mosto e do viño e a súa separación da augardente, de forma que o rendemento non sexa superior a 72 litros de viño por cada 100 quilogramos de uva», debe dicir: «2. Na produción de mosto seguiranse as prácticas tradicionais aplicadas coa moderna tecnoloxía, orientada á mellora da calidade do produto final. Aplicaranse presións axeitadas para a extracción do mosto e do viño e a súa separación do bagazo, de forma que o rendemento non sexa superior a 72 litros de viño por cada 100 quilogramos de uva».