Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 38 Xoves, 23 de febreiro de 2012 Páx. 6659

III. Outras disposicións

Consellería de Sanidade

RESOLUCIÓN do 6 de febreiro de 2012, da Dirección Xeral de Innovación e Xestión da Saúde Pública, pola que se fai pública a realización dun curso homologado de nivel básico para a obtención do carné de aplicador/manipulador de biocidas.

A Orde do 30 de xullo de 1997, conxunta das consellerías de Agricultura, Gandaría e Montes e de Sanidade e Servizos Sociais, pola que se establece na Comunidade Autónoma de Galicia a normativa reguladora para a homologación de cursos de capacitación para realizar tratamentos con praguicidas, así como, para a obtención do carné de manipuladores destes produtos, establece no seu artigo 8.6 que os ministerios de Agricultura, Pesca e Alimentación e de Sanidade e Consumo comunicarán, aos organismos responsables na Comunidade Autónoma, a homologación dos ditos cursos e no seu artigo 9 a obrigatoriedade de que o organismo oficial responsable publique no Diario Oficial de Galicia a información correspondente a cada curso que se realice.

En consecuencia, anúnciase a realización dun curso de aplicador/manipulador de biocidas, nivel básico, homologado polas direccións xerais de Saúde Pública do Ministerio de Sanidade e Consumo e de Agricultura do Ministerio de Agricultura, Pesca e Alimentación, solicitado pola entidade Academia A Mariña, de acordo coas seguintes bases:

1. Denominación do curso.

Curso para a capacitación de aplicadores/manipuladores de produtos biocidas. Nivel básico.

2. Entidade organizadora.

Academia A Mariña.

3. Data.

O 25 de febreiro de 2012, e o 3 e 10 de marzo de 2012.

4. Lugar de realización.

Academia A Mariña.

Avda. Arcadio Pardiñas, n.º 44, entlo., 27880 Burela (Lugo).

5. Número de prazas.

Máximo 30 alumnos.

6. Dirixido a.

Todo o persoal auxiliar das empresas que apliquen e/ou manipulen produtos biocidas.

7. Criterios de selección.

Por rigorosa orde de recepción da solicitude de inscrición.

8. Presentación de solicitudes.

Solicitude segundo modelo anexo.

9. Programa.

Día 25.2.2012

09.00-11.15 horas

Biocidas. Descrición e xeneralidades.

11.15-13.30 horas

Riscos para o home derivados da utilización dos praguicidas.

15.30-17.15 horas

Xeneralidades sobre pragas ambientais e da industria alimentaria e os métodos de loita antivectorial. Técnicas de aplicación dos biocidas.

17.15-19.00 horas

Praguicidas e ambiente. Problemas que presentan. Destrución de envases.

Día 3.3.2012

09.00-11.15 horas

Hixiene e seguridade no seu manexo e aplicación.

11.15-13.30 horas

Prevención, diagnóstico e primeiros auxilios no caso de intoxicación por praguicidas.

15.30-19.00 horas

Prácticas sobre o terreo en campo de árbores froiteiras. Técnicas de aplicación de biocidas. Preparación de disolucións.

Día 10.3.2012

09.00-13.00 horas

Prácticas: primeiros auxilios ante a intoxicación por biocidas. Destrucción de envases. Interpretación de pictogramas e etiquetas.

13.00-14.00 horas

Realización do exame.

10. Certificado de superación do curso.

É obrigatoria a asistencia a todas as sesións do curso. Finalizado este, a entidade organizadora realizará as probas pertinentes que avalíen os coñecementos adquiridos polos alumnos e, en caso de superalas, expedirá o certificado correspondente con que poderá solicitar á Dirección Xeral de Innovación e Xestión da Saúde Pública da Consellería de Sanidade o carné de aplicador/manipulador de biocidas, nivel básico.

Santiago de Compostela, 6 de febreiro de 2012.

Manuel Antonio Varela Rey
Director xeral de Innovación e Xestión da Saúde Pública

ANEXO I

Ficha de solicitude de inscrición

Curso para a capacitación de aplicadores/manipuladores de produtos biocidas. Nivel básico.

Entidade organizadora:

Academia A Mariña

Datas:

O 25 de febreiro de 2012, e o 3 e 10 de marzo de 2012.

Lugar de celebracion do curso:

Academia A Mariña.

Avda. Arcadio Pardiñas, nº 44, entlo., 27880 Burela (Lugo).

Duración:

20 horas teórico/prácticas e 1 hora de exame.

Horario:

O 25 de febreiro e 3 de marzo de 2012 en horario das 9.00-13.30 horas e de 15.30-19.00 horas, o 10 de marzo de 2012 en horario das 9.00-14.00 horas.

N.º de prazas:

Máximo 30 alumnos.

Presentación de solicitudes:

Enviarase a ficha de inscrición a Academia A Mariña, avda. Arcadio Pardiñas, 44, entlo. 27880 Burela (Lugo) á atención de Ramón Hermida Pumares.

Tel.: 982 58 50 98, fax: 982 57 51 01, correo electrónico: formacion@amarina.org, xunto con:

● Fotocopia do DNI, copia da folla de inscrición e xustificante de ingreso de 273 € /alumno na conta Academia A Mariña de NovaGalicia Banco co número 2080 0109 17 3040018023.

Criterio de selección:

Por rigorosa orde de recepción da solicitude xunto co xustificante de pagamento.

NOME E APELIDOS: ...........................................................................................................................

DATA DE NACEMENTO: .....................................................................................................................

NIF/DNI: ...............................................................................................................................................

ENDEREZO: ........................................................................................................................................

CP:...................................................LOCALIDADE: ...........................................................................

TEL.: ................................................CORREO ELECTRÓNICO: .......................................................