Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 38 Xoves, 23 de febreiro de 2012 Páx. 6664

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza

ORDE do 14 de febreiro de 2012 pola que se outorgan nomeamentos de notarias e notarios para as notarías vacantes que se citan.

O nomeamento dos notarios que teñan que exercer no territorio de Galicia é competencia desta comunidade autónoma, segundo o disposto no artigo 26.1 do Estatuto de autonomía de Galicia, aprobado pola Lei orgánica 1/1981.

Visto o expediente instruído para a provisión de notarías vacantes en virtude de concurso ordinario convocado pola resolución da Dirección Xeral dos Rexistros e do Notariado do 2 de decembro de 2011 e resolto pola Resolución do 24 de xaneiro de 2012, de conformidade cos artigos 23, 88 e demais concordantes do Regulamento notarial, o Decreto da Xunta de Galicia 7/2011, do 20 de xaneiro, polo que se establece a estrutura orgánica da Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, e demais disposicións legais autonómicas pertinentes,

RESOLVO:

Nomear as notarias e os notarios que no anexo se relacionan para prover as notarías vacantes radicadas no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia.

Santiago de Compostela, 14 de febreiro de 2012.

Alfonso Rueda Valenzuela
Conselleiro de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza

ANEXO

– Francisco Javier Fernández González, notario de Allariz para a notaría de Ourense.

– María del Pilar del Rey Fernández, notaria de Santa Cruz de Tenerife para a notaría de Vigo-Calvario.

– Luis Bosch Segura, notario de La Font d´en Carròs para a notaría de Fene.

– María Gema López Riesco, notaria de Las Palmas de Gran Canaria para a notaría de Baiona.

– Nelson Rodicio Rodicio, notario de Santiago de Compostela para a notaría de Padrón.