Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 38 Xoves, 23 de febreiro de 2012 Páx. 6671

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza

RESOLUCIÓN do 15 de febreiro de 2012, da Dirección Xeral de Administración Local, pola que se crean e clasifican tres postos de traballos reservados a funcionarios/as con habilitación de carácter estatal no Concello de Santiago de Compostela.

O Concello de Santiago de Compostela formula proposta relativa á creación dos postos de secretario de apoio, reservado a funcionarios/as con habilitación de carácter estatal pertencentes á subescala de secretaría, categoría superior, interventor de apoio, reservado a funcionarios/as con habilitación de carácter estatal pertencentes á subescala de intervención-tesouraría, categoría superior e tesoureiro de apoio, reservado a funcionarios/as con habilitación de carácter estatal pertencentes á subescala de intervención-tesouraría, sen categoría, conforme o acordo adoptado pola Xunta de Goberno local en sesión do día 9 de febreiro de 2012, sobre aprobación da proposta da concelleira delegada de persoal, relativa á adaptación da relación de postos de traballo á aprobación definitiva da modificación do cadro de persoal do ano 2011.

O artigo 38 do Decreto 49/2009, do 26 de febreiro, sobre o exercicio das competencias da Comunidade Autónoma de Galicia respecto dos/as funcionarios/as con habilitación de carácter estatal, establece: «O/a funcionario/a nomeado/a para un posto de libre designación poderá ser destituído/a, con carácter discrecional, polo mesmo órgano que o nomeou, sempre que se lle garanta un posto de traballo da súa subescala e categoría na corporación, que deberá figurar na relación de postos de traballo desta e cuxa remuneración non será inferior en máis de dous niveis á do posto para o cal foi designado.

O dito posto de traballo estará clasificado como reservado a persoal funcionario con habilitación de carácter estatal, terá atribuídas as funcións de colaboración, apoio e asistencia xurídica ou económica que lle atribúa o/a presidente/a da corporación e nel poderase permanecer ata obter outro polos procedementos de provisión definitiva ou provisional.

A motivación da resolución de cesamento referirase á competencia para adoptala».

Na súa virtude, de acordo co establecido na disposición adicional segunda da Lei 7/2007, do 12 de abril, do Estatuto básico do empregado público, nos artigos 3 e 10 do Decreto 49/2009, do 26 de febreiro, sobre o exercicio das competencias da Comunidade Autónoma de Galicia respecto dos/as funcionarios/as con habilitación de carácter estatal, en concordancia coa disposición transitoria sétima da Lei 7/2007, e demais normativa de aplicación, e no uso das facultades que lle confire o artigo 15.1 do Decreto lexislativo 1/2008, do 13 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei da función pública de Galicia, en relación co artigo 241 da Lei 5/1997, do 22 de xullo, de Administración local de Galicia, e a Orde do 22 de setembro de 2011, sobre delegación de competencias,

DISPÓN:

Crear os postos de traballo de secretario de apoio, reservado a funcionarios/as con habilitación de carácter estatal pertencentes á subescala de secretaría, categoría superior, interventor de apoio, reservado a funcionarios/as con habilitación de carácter estatal pertencentes á subescala de intervención-tesouraría, categoría superior e tesoureiro de apoio, reservado a funcionarios/as con habilitación de carácter estatal pertencentes á subescala de intervención-tesouraría no Concello de Santiago de Compostela, que se clasifican como se especifica nos anexos que se xuntan á devandita resolución.

Contra esta resolución, que pon fin á vía administrativa, poderase interpoñer recurso potestativo de reposición ante a Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da súa publicación, de conformidade co establecido na Lei 30/1992, do 26 de novembro, ou poderá impugnarse directamente ante a xurisdición contencioso-administrativa, no prazo de dous meses contado desde a mesma data, segundo o disposto no artigo 46 en relación co artigo 14 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Santiago de Compostela, 15 de febreiro de 2012.

José Norberto Uzal Tresandí
Director xeral de Administración Local

ANEXO I

Corporación: Concello de Santiago de Compostela.

Posto de traballo: secretario de apoio.

Clase: primeira.

Subescala: Secretaría.

Forma de provisión: libre designación.

ANEXO II

Corporación: Concello de Santiago de Compostela.

Posto de traballo: interventor de apoio.

Clase: primeira.

Subescala: Intervención-Tesouraría.

Forma de provisión: libre designación.

ANEXO III

Corporación: Concello de Santiago de Compostela.

Posto de traballo: tesoureiro de apoio.

Clase: sen categoría.

Subescala: Intervención-Tesouraría.

Forma de provisión: libre designación.