Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 38 Xoves, 23 de febreiro de 2012 Páx. 6668

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza

RESOLUCIÓN do 15 de febreiro de 2012, da Dirección Xeral de Administración Local, pola que se fan públicas as notas da fase de concurso do proceso selectivo para o acceso á categoría superior da subescala de intervención-tesouraría da escala de funcionarios/as con habilitación de carácter estatal.

Por Resolución do 6 de agosto de 2010, da Dirección Xeral de Administración Local, convocouse o proceso selectivo para o acceso á categoría superior da subescala de intervención-tesouraría da escala de funcionarios/as con habilitación de carácter estatal.

Por Resolución do 7 de outubro de 2010, da Dirección Xeral de Administración Local, resolveuse o recurso de reposición á devandita convocatoria.

Por Resolución do 20 de outubro de 2010, da Dirección Xeral de Cooperación Local, déuselle publicidade á convocatoria de probas selectivas para o acceso á categoría superior da subescala de intervención-tesouraría da escala de funcionarios/as con habilitación de carácter estatal efectuada pola Comunidade Autónoma de Galicia.

Por Resolución do 20 de xaneiro de 2011, da Dirección Xeral de Administración Local, aprobouse a relación provisional de admitidos e excluídos ás devanditas probas con indicación das causas de exclusión, fixándose un prazo de dez días, contados a partir do seguinte ao da publicación da resolución, para formular as alegacións que considerasen oportunas.

Por Resolución do 20 de maio de 2011, da Dirección Xeral de Administración Local, aprobouse a listaxe definitiva de admitidos ao proceso selectivo, a data do exame e designouse a composición do tribunal cualificador do devandito proceso.

Por Resolución do 22 de xuño de 2011, da Dirección Xeral de Administración Local, fíxose público o nomeamento dun novo membro do tribunal que xulgará o proceso selectivo para o acceso á categoría superior da subescala de intervención-tesouraría da escala de funcionarios/as con habilitación de carácter estatal.

Por Resolución do 10 de outubro de 2011, da Dirección Xeral de Administración Local, fíxose pública a listaxe de convocados ao exame non eliminatorio de avaliación e coñecemento da lingua galega.

Por Resolución do 21 de novembro de 2011, da Dirección Xeral de Administración Local, fanse públicas as notas do proceso selectivo para o acceso á categoría superior da subescala de intervención-tesouraría da escala de funcionarios/as con habilitación de carácter estatal.

Unha vez realizada a fase de concurso, ao abeiro do disposto na base II.4 da convocatoria e en nome do tribunal, esta dirección xeral, no uso das competencias que lle atribúe o artigo 15.1.º do Decreto lexislativo 1/2008, do 13 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei de función pública de Galicia, en relación coa Orde do 22 de setembro de 2011, sobre delegación de competencias,

RESOLVE:

Primeiro. Facer públicas as notas da fase de concurso do proceso selectivo para o acceso á categoría superior da subescala de intervención-tesouraría da escala de funcionarios/as con habilitación de carácter estatal.

Segundo. Os aspirantes aprobados disporán, ao abeiro do disposto na base II.4.2, dun prazo de dez días hábiles contados a partir do seguinte ao da publicación no Diario Oficial de Galicia da dita baremación, para a presentación de reclamacións ante o propio tribunal.

Contra esta resolución, que esgota a vía administrativa, as persoas interesadas poderán interpor recurso potestativo de reposición ante o órgano que a ditou, no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, de conformidade co establecido na Lei 30/1992, do 26 de novembro, ou poderá interporse directamente recurso contencioso-administrativo ante o Xulgado do Contencioso-Administrativo de Santiago de Compostela no prazo de dous meses contados desde a mesma data, de conformidade co disposto no artigo 8.2.º da Lei 29/1998, do 13 de xullo, en relación co artigo 10.1.º do mesmo texto legal.

Santiago de Compostela, 15 de febreiro de 2012.

José Norberto Uzal Tresandí
Director xeral de Administración Local

ANEXO

Aspirantes

DNI

Méritos xerais

Méritos autonómicos

Fase de concurso

Canzobre Méndez, María del Pilar

32836185M

11,78

2,50

14,28

Gómez Corbal, Olga

36130358A

11,78

2,40

14,18

Gracia Santuy, Sebastián

18007088C

13,20

0,00

13,20

Marín Gracia, Marta

32823479H

7,24

1,80

9,04

Marqués Parrilla, María Elisa

32685426B

5,90

0,80

6,70

Moreno López, Justo

09177845V

12,64

0,00

12,64

Presas Beneyto, Jaime

32825403X

10,25

2,70

12,95

Rico Belda, Paula

44863608S

10,72

0,00

10,72

Rodríguez Pérez, Sergio

36133344E

10,91

1,25

12,16

Rodríguez Tourón, María Belén

33297598S

13,75

2,70

16,45

Rueda de Valenzuela, José Antonio

44080428P

8,97

0,90

9,87

Vázquez Parga, Luis Ramón

33328308C

10,66

1,35

12,01

Vidal Zapatero, Jorge Manuel

32831633F

8,84

0,84

9,68