Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 38 Xoves, 23 de febreiro de 2012 Páx. 6647

III. Outras disposicións

Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza

RESOLUCIÓN do 31 de xaneiro de 2012, da Dirección Xeral de Relacións Institucionais e Parlamentarias, pola que se ordena a publicación do Acordo da Comisión Bilateral de Cooperación Administración Xeral do Estado-Comunidade Autónoma de Galicia en relación coa Lei 5/2011, do 30 de setembro, de patrimonio da Comunidade Autónoma de Galicia.

Consonte o establecido no artigo 33 da Lei orgánica 2/1979, do 3 de outubro, do Tribunal Constitucional, modificado pola Lei orgánica 1/2000, do 7 de xaneiro, esta dirección xeral dispón a publicación do acordo que figura como anexo nesta resolución.

Santiago de Compostela, 31 de xaneiro de 2012.

Roberto Castro García
Director xeral de Relacións Institucionais e Parlamentarias

ANEXO
Acordo da Comisión Bilateral de Cooperación Administración Xeral do
Estado-Comunidade Autónoma de Galicia en relación coa Lei 5/2011, do 30 de
setembro, de patrimonio da Comunidade Autónoma de Galicia

A Comisión Bilateral de Cooperación Administración Xeral do Estado-Comunidade Autónoma de Galicia, na súa reunión do día 18 de xaneiro de 2012, adoptou o seguinte acordo:

Primeiro. Iniciar negociacións para resolver as discrepancias suscitadas en relación coa disposición adicional décima da Lei 5/2011, do 30 de setembro, do patrimonio da Comunidade Autónoma de Galicia.

Segundo. Designar un grupo de traballo para propoñerlle á Comisión Bilateral de Cooperación a solución que proceda.

Terceiro. Comunicarlle este acordo ao Tribunal Constitucional, antes do vindeiro día 25 de xaneiro de 2012, por calquera dos órganos mencionados no artigo 33.2 da Lei orgánica do Tribunal Constitucional, para os efectos que no propio precepto se establecen, así como inserir o presente acordo no Boletín Oficial del Estado e no Diario Oficial de Galicia. Madrid, 18 de xaneiro de 2012. Cristóbal Montoro Romero, ministro de Facenda e Administracións Públicas. Alfonso Rueda Valenzuela, conselleiro de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza.