De conformidade co disposto no artigo 59.4 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, (BOE número 285, do 27 de novembro) modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, (BOE número 112, do 14 de xaneiro) de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícaselle ao denunciado, cos datos persoais e último domicilio coñecido que no anexo se mencionan, mediante a publicación no Diario Oficial de Galicia, o acordo de inicio do procedemento administrativo sancionador por presunta infracción do Real decreto lexislativo 2/2001, do 5 de setembro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de portos do Estado e da mariña mercante, en relación co Regulamento de servizo e policía dos portos aprobado por O.M. do 12 de xuño de 1976, por non ser posible a notificación a través do servizo de Correos.
Para os efectos previstos na Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, o expedientado disporá dun prazo de quince (15) días hábiles contados a partir do seguinte ao da publicación desta notificación no Diario Oficial de Galicia, para que poida examinar o expediente nos servizos centrais do ente público Portos de Galicia sitos na praza de Europa, 5-A, 6.º, polígono das Fontiñas, Santiago de Compostela, e formular alegacións e presentar os documentos e informacións que coide pertinentes ante o instrutor do procedemento, segundo o establecido no regulamento para o exercicio da potestade sancionadora, aprobado polo Real decreto 1398/1993, do 4 de agosto (BOE número 189, do 9 de agosto).
De non efectuarse alegacións no prazo antes mencionado, o acordo de inicio, en aplicación do artigo 13.2 do Real decreto 1398/1993, será considerado proposta de resolución.
O órgano competente para a resolución do expediente, de acordo coa tipificación e contía da sanción, e, en virtude do disposto no artigo 39.1.a) do Decreto 227/1995, do 20 de xullo (DOG número 146, do 1 de agosto), é o director do ente público.
O pagamento voluntario porá fin ao expediente. O importe da sanción que en cada caso corresponda se fará efectivo mediante ingreso en calquera oficina das entidades de depósito colaboradoras (Banco Gallego, Banco Pastor, Banesto, BBVA, BHS e Novagalicia Banco), empregando o modelo de impreso que se facilitará nos servizos centrais de Portos de Galicia e presentándoo en calquera entidade bancaria.
E para que conste e lles sirva de notificación, e en cumprimento do disposto no artigo 59.4 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, expido, asino e selo esta cédula.
Santiago de Compostela, 9 de febreiro de 2012.
José Ignacio Villar García
Director de Portos de Galicia
ANEXO
Expediente Denunciante |
Denunciado Último enderezo coñecido |
Feito denunciado Data-hora-porto |
Precepto infrinxido |
Precepto sancionador |
Sanción proposta |
Sanc. 13-14-12-02 Celador do porto |
Gruat Jean Marie Roger Camille Llobregat, 54-C 17480 Empuriabrava (Girona) |
Atraque non autorizado. 26.6.2011; 9.00 horas Combarro (Pontevedra) |
Art. 306.1 a) Real decreto lexislativo 2/2011 TRLPEMM Art. 19 O.M. 12.6.1976 |
Art. 312 Real decreto lexislativo 2/2011 TRLPEMM |
300 € |