Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 38 Xoves, 23 de febreiro de 2012 Páx. 6739

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural e do Mar

ANUNCIO do 7 de febreiro de 2012, da Dirección Xeral de Desenvolvemento Rural, polo que se fai pública a declaración de impacto ambiental da concentración parcelaria na parroquia de Santiago de Moncelos (Abadín-Lugo).

En cumprimento do disposto no artigo 5 do Decreto 442/1990, do 13 de setembro, de avaliación de impacto ambiental para Galicia, faise pública a declaración de impacto ambiental formulada pola Secretaría Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental da concentración parcelaria na parroquia de Santiago de Moncelos (Abadín-Lugo), promovida pola Dirección Xeral de Desenvolvemento Rural da Consellería do Medio Rural e do Mar. A citada declaración poderá ser consultada na páxina web da Consellería do Medio Rural e do Mar (http://mediorural.xunta.es) e na da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas.

Santiago de Compostela, 7 de febreiro de 2012.

Antonio Crespo Iglesias
Director xeral de Desenvolvemento Rural