Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 38 Xoves, 23 de febreiro de 2012 Páx. 6742

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Portos de Galicia

CÉDULA do 9 de febreiro de 2012 pola que se notifica o acordo de inicio de procedemento administrativo sancionador coa clave 13-17-12-01.

De conformidade co disposto no artigo 59.4 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, (BOE n.º 285, do 27 de novembro) modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, (BOE n.º 112, do 14 de xaneiro) de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícaselle ao denunciado, cos datos persoais e último domicilio coñecido que no anexo se mencionan, mediante a publicación no Diario Oficial de Galicia, o acordo de inicio do procedemento administrativo sancionador por presunta infracción da Lei 27/1992, do 24 de novembro (BOE n.º 283, do 25 de novembro) de portos do Estado e da mariña mercante, en relación co Regulamento de servizo e policía dos portos aprobado pola O.M. do 12 de xuño de 1976, por non ser posible a notificación a través do servizo de Correos.

Para os efectos previstos na Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, o expedientado disporá dun prazo de quince (15) días hábiles contados a partir do seguinte ao da publicación desta notificación no Diario Oficial de Galicia, para que poida examinar o expediente nos servizos centrais do ente público Portos de Galicia sitos na praza de Europa, 5-A, 6.º, polígono das Fontiñas, Santiago de Compostela, e formular alegacións e presentar os documentos e informacións que coide pertinentes ante o instrutor do procedemento, segundo o establecido no regulamento para o exercicio da potestade sancionadora, aprobado polo Real decreto 1398/1993, do 4 de agosto (BOE n.º 189, do 9 de agosto).

De non efectuarse alegacións no prazo antes mencionado, o acordo de inicio, en aplicación do artigo 13.2.º do Real decreto 1398/1993, será considerado proposta de resolución.

O órgano competente para a resolución do expediente, de acordo coa tipificación e contía da sanción, e, en virtude do disposto no artigo 39.1.º a) do Decreto 227/1995, do 20 de xullo (DOG n.º 146, do 1 de agosto), é o director do ente público.

O pagamento voluntario porá fin ao expediente. O importe da sanción que en cada caso corresponda farase efectivo mediante ingreso en calquera oficina das entidades de depósito colaboradoras (Banco Gallego, Banco Pastor, Banesto, BBVA, BHS e Novagalicia Banco), empregando o modelo de impreso que se facilitará nos servizos centrais de Portos de Galicia e presentándoo en calquera entidade bancaria.

E para que conste e lles sirva de notificación, e en cumprimento do disposto no artigo 59.4 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, expido, asino e selo a presente cédula.

Santiago de Compostela, 9 de febreiro de 2012.

José Ignacio Villar García
Director de Portos de Galicia

ANEXO

Expediente: Sanc. 13-17-12-01.

Denunciante: celador do porto.

Denunciado: Antonio Piedras Santos.

Último enderezo coñecido: Fonte Alta, 9, 36930 Cela-Bueu (Pontevedra).

Feito denunciado: ameazas.

Data-hora-porto: 1-6-11; 10.25 horas; Bueu (Pontevedra).

Precepto infrinxido: artigo 306.1 a) Real decreto lexislativo 2/2011 TRLPEMM. Artigos 65 e 75 O.M. 12.6.1976.

Precepto sancionador: artigo 312 Real decreto lexislativo 2/2011 TRLPEMM.

Sanción proposta: 300 euros.