Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 37 Mércores, 22 de febreiro de 2012 Páx. 6630

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Baños de Molgas

ANUNCIO de información pública sobre instalación da actividade de explotación avícola.

Santiago González Fernández solicitou a licenza de instalación da actividade de explotación avícola, sometida a avaliación de incidencia ambiental, e neste concello tramítase o oportuno expediente.

En cumprimento da lexislación vixente sobre actividades molestas, insalubres, nocivas e perigosas, procédese a abrir un período de información pública polo prazo de vinte días mediante anuncio no Diario Oficial de Galicia e no Boletín Oficial da provincia para que, quen se vexa afectado dalgún modo pola dita actividade, presente as observacións que considere pertinentes.

O expediente obxecto desta información pódese consultar nas oficinas municipais en horario de oficina, das 8.30 ás 14.30 horas.

Baños de Molgas, 2 de febreiro de 2012.

Eladio Mangana Nóvoa
Alcalde